En química orgánica, un hidrocarburo é un composto orgánico formado na súa totalidade por átomos de carbono e hidróxeno.

A meirande parte dos hidrocarburos atópanse naturalmente no petróleo, onde a materia orgánica descomposta proporciona abundancia de carbono e hidróxeno, os cales, ao unírense, poden formar cadeas aparentemente ilimitadasClayden, J., Greeves, N., et al. (2000), p21McMurry, J. (2000), p75-81.

Clasificación miniatura|Algúns hidrocarburos. De arriba a abaixo: etano, tolueno, metano, eteno, benceno, ciclohexano e decano.|esquerda|370x370px Segundo a estrutura das ligazóns entre átomos de carbono, clasifícanse en: Hidrocarburos acíclicos, alifáticos, unalifáticos, ou de cadea aberta. Estes á súa vez dividense en: Hidrocarburos saturados (alcanos o parafinas), que non teñen enlaces dobres, triplos, nin aromáticos, só múltiples enlaces individuais. Hidrocarburos non saturados, que teñen un ou máis enlaces dobres (alquenos u olefinas) ou triplos (alquinos ou acetilénicos) entre os seus átomos de carbono. Hidrocarburos cíclicos, hidrocarburos de cadea pechada que á súa vez subdividense en: Cicloalcanicos, que teñen cadeas pechadas de 3, 4, 5, 6, 7 e 8 moléculas de carbono saturados ou non saturados. Hidrocarburos aromáticos, non saturados, que posúen polo menos un anel aromático ademais doutros tipos de enlaces.

Intoxicacións por Hidrocarburos As intoxicacións por hidrocarburos tenden a causar cadros respiratorios relativamente severos. A gasolina, o queroseno e os aceites para puír mobles, que conteñen hidrocarburos, son os axentes máis comunmente usados nas intoxicacións. O tratamento a miúdo require intubación e ventilación mecánica. Induci-lo vómito nestes casos está contraindicado porque pode causar máis dano esofáxico.

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Química orgánica Química do carbono Grupo funcional Destilación fraccionada