Bulgaria () (en búlgaro: България/Balgariya), oficialmente República de Bulgaria () (en búlgaro: Република България/Republika Balgariya) é un país situado ao sueste de Europa, na península dos Balcáns. Limita ao norte con Romanía, estando a maior parte da fronteira entre estes dous países conformada polo río Danubio, ao sur con Turquía e Grecia, o oeste con Macedonia do Norte e Serbia e está bañada ao leste polo Mar Negro. Foi aceptada na OTAN no ano 2004 e é membro da Unión Europea dende o 1 de xaneiro de 2007.

A actual Bulgaria inclúe partes das provincias romanas de Mesia, Tracia e Macedonia. A súa forma de goberno funciona como unha democracia parlamentaria dentro dunha república unitaria constitucional.

Historia

Etimoloxía Unha das teorías di que a etimoloxía do nome da tribo dos búlgaros, chegados á rexión no século VII, deriva de burg, palabra xermánica que significaría "castelo", mais outros din que deriva de bulgars, cuxo significado é descoñecido, sendo os burgarii ou burgarioi son os que gardan as fortalezas. Unha terceira teoría deriva o etnónimo do nome da cidade de Balkh, actualmente ao norte de Afganistán, capital do antigo estado de Balkhara, do cal procederían os antigos búlgaros.

Con todo, tradicionalmente veuse aceptando unha orixe non indoeuropea das primitivas tribos búlgaras, cuxa etnoxénese produciríase pola mestura de elementos ugrofineses con outros altaicos,The Proto-Bulgarians north and west of the Black Sea que tralo seu asentamento nos Balcáns prevalecería o elemento humano de orixe eslavo, poboación maioritaria nesta zona. Así, a moderna lingua búlgara pertence ás familia eslava meridional.

Idade Antiga miniatura|esquerda|Restos romanos de Augusta Traiana, hoxe Stara Zagora No territorio da actual Bulgaria desenvolvéronse durante o Neolítico, os milenios VI e III a.C., culturas como a de Hamangia e a Vinča, durante o Eneolítico a cultura de Varna e durante a Idade de Bronce a cultura de Ezero. Porén, o primeiro pobo historicamente documentado que se instalou no territorio da actual Bulgaria foron os tracios, un pobo indoeuropeo, procedente das estepas de Eurasia, que chegou á zona posiblemente en torno ao ano 3500 a.C.

Doutra banda, dende o século VII a.C. comezou a producirse a colonización grega da costa do Mar Negro, fundándose numerosas cidades, moitas das cales continúan existindo na actualidade, como Odessos (Varna), Mesembria (Nesebar), Anchialon (Pomorie), Apolonia (Sozopol) ou Agathopolis (Akhtopol). A mediados do século V a.C. fundouse o primeiro Estado tracio que se coñece, o reino Odrisio, que se desintegraría no seguinte século en varios estados máis pequenos. Pouco despois Filipo II, rei de Macedonia (entre 359 e o 336 a.C.), tras vencer ao rei Cersobleptes, anexionouse os territorios dos tracios e fundou a cidade de Filipópolis (Plovdiv). No século seguinte, o territorio de Bulgaria foi invadido polos celtas, quen mantiveron un estado por espazo dun setenta anos, fundando asentamentos como Bononia (Vidin).

Durante o século I, o territorio de Bulgaria foi incorporado ao Imperio Romano, quedando dividido nas provincias de Tracia e Mesia. Os romanos fundaron numerosas cidades, entre as que destacan Serdica (a actual capital Sofía), Nicopolis (Nikopol) e Durostorum (Silistra). Cando o Imperio Romano se divide á morte de Teodosio, as provincias de Mesia e de Tracia pasaron a formar parte do Imperio Romano de Oriente. Dende o século III estes territorios sufriron invasións de pobos bárbaros: primeiro foron os godos, hunos; máis adiante, os ávaros, eslavos, que atravesaron o Danubio a principios do século VII cando se abandonaron as guarnicións de fronteira bizantinas, e os búlgaros. Estes últimos formarían, xunto cos eslavos, o primeiro estado búlgaro, no final do século VII. O nome de Bulgaria procede deste pobo.

Primeiro Imperio Búlgaro miniatura|esquerda|O Khan Krum festexa a vitoria no paso de Varbitsa Unha das teorías é que os búlgaros eran un pobo nómade e belicoso procedente de Asia Central, emparentado cos hunos. De feito, os primeiros khans búlgaros facían remontar as súas orixes ao huno Atila. Xa na primeira metade do século VII, baixo o seu rei khan Kubrat, formaran un reino ao norte do Mar Negro, que os bizantinos denominaban Magna Bulgaria. Despois da morte de Kubrat o imperio dividiuse entre os seus tres fillos máis vellos, a consecuencia do cal unha parte dos búlgaros desprazouse ao leste, á confluencia dos ríos Volga e Kama, chegando a formar o estado da Bulgaria do Volga, en tanto que outro grupo se establecía no delta do Danubio, ao mando de khan Asparukh, terceiro fillo de Kubrat, quedándose unha terceira parte da poboación búlgara.

Desde alí, os búlgaros fustrigaban as guarnicións bizantinas. As súas frecuentes expedicións de saqueo conduciron á realización dunha expedición punitiva contra eles, mandada polo emperador bizantino Constantino IV. Ao fracasar esta expedición, o Imperio Bizantino viuse obrigado a aceptar a existencia do Imperio Búlgaro e a pagarlle un tributo anual para evitar incursións. O ano 681, en que Bizancio recoñeceu por primeira vez ao estado búlgaro, é considerado a data de nacemento da moderna Bulgaria. A comezos do século IX o Imperio Búlgaro chegou a estenderse por parte de Panonia e Transilvania e abrazou o cristianismo de rito bizantino. A adopción da nova fe implicou tamén a utilización do eslavo como lingua da liturxia e da administración. A cristianización e a eslavización proporcionaron ao Imperio Búlgaro unha área de influencia maior. O estado alcanzaría o seu apoxeo tanto político como cultural co reinado de Simeón I (893-927), cuxo plan, que estivo preto de ver realizado, era unificar baixo o seu poder as monarquías búlgara e bizantina. Simeón foi o primeiro monarca búlgaro en adoptar o título de tsar (derivado do título romano caesar).

Tras a morte de Simeón, a decadencia da autoridade real, as loitas dinásticas e os ataques exteriores de pobos como os maxiares e pechenegos foron minando ao estado búlgaro que foi conquistado polo emperador Basilio II, chamado Bulgaróctonos ("matador de búlgaros") e incorporado ao Imperio Bizantino. Bulgaria permanecería baixo a autoridade de Constantinopla durante case dous séculos, entre 1018 e 1185.

Segundo Imperio Búlgaro miniatura|Tarnovo, capital de Bulgaria durante este época Aínda que os búlgaros se rebelaron en varias ocasións contra o dominio de Bizancio durante o século XI, ningunha destas rebelións alcanzou o seu obxectivo. Durante o século XII, con todo, aproveitando que o Imperio Bizantino atopábase debilitado polas súas loitas contra serbios e húngaros, estalou unha rebelión dirixida polos irmáns Petar e Asen. Petar foi proclamado tsar "dos búlgaros, os gregos e os valaquios", co que naceu o Segundo Imperio Búlgaro (1185-1396), cuxo dominio se estendeu por todos os territorios entre o Danubio, o Mar Negro e a cordilleira de Stara Planina, incluíndo parte de Macedonia oriental e o val do Morava. Con Ivan Asen II como tsar, o Imperio ocupou Albania e Belgrado. Bulgaria rompeu coa Igrexa de Roma, creando o Patriarcado Ortodoxo de Bulgaria, ao que se adheriron os distintos patriarcados dos Balcáns, con todo, foi un monarca honesto e humano, que a pesar da ruptura con Roma abriu canles de colaboración, sobre todo comercial, con Venecia e Xénova.

Durante o século XIV, a debilitada Bulgaria, que atravesaba un período de desmembración feudal, foi presa fácil para uns novos invasores, os turcos otománs, que cruzaran a Europa en 1354. En 1362 conquistaron Plovdiv, e en 1382 Sofía. Finalmente en 1396 os otománs puxeron fin ao Segundo Imperio Búlgaro controlando por completo o país.

Dominación otomá e espertar miniatura|Vasil Levski, un dos artífices do espertar búlgaro Dende o final do século XIV até final do século XVIII, Bulgaria non existiu como estado soberano. En 1393, por vontade do sultán dos turcos, o patriarcado da Igrexa de Bulgaria foi suprimido e sometido directamente ao Patriarca de Constantinopla, o que provocou que a Igrexa búlgara se helenizase e abandonase o eslavón nos seus ritos. Os otománs converteron a Bulgaria no beyerlik de Rumili, que era rexido por un beylerbey residente en Sofía.

A partir da segunda metade do século XVIII Rusia interveu activamente nos Balcáns, premendo o Imperio Otomán nas súas fronteiras, rompendo o illamento dos búlgaros. Durante a guerra de 1768 os rusos atravesaron Moldova e Valaquia e irromperon en Bulgaria, onde conseguiron a vitoria militar de Chumla, obrigando aos turcos a asinar a paz. O tratado de Küçük-Kaynarca concedeu a Rusia a protección dos cristiáns ortodoxos do Imperio Otomán, o que terminou converténdose nunha escusa para posteriores intervencións rusas nos Balcáns. En 1829, a rebelión dos gregos levou os rusos a ocupar gran parte de Bulgaria e conquistar Adrianópolis. O tratado de paz permitiu aos rusos establecer un protectorado sobre Moldova e Valaquia. Con todo, os búlgaros permaneceron baixo dominio otomán, aínda que a invasión rusa fomentou o espertar nacionalista nos Balcáns.

Baixo a influencia de ideas como o liberalismo e o nacionalismo, a comezos do século XIX comezou a espertar o nacionalismo búlgaro. Tivo unha grande influencia na difusión destas novas ideas entre os medios cultivados de Bulgaria a rebelión grega contra os otománs, en 1821. Con todo, existía tamén un forte resentimento polo control grego da Igrexa Búlgara; de feito, os primeiros sentimentos nacionalistas búlgaros estiveron orientados á creación dunha igrexa búlgara independente. En abril de 1876, o Comité Revolucionario Secreto Búlgaro, con sede en Bucarest, organizou un levantamento, coñecido como Sublevación de Abril. A revolta foi reprimida con crueldade polas autoridades otomás, innumerables aldeas foron saqueadas e as vítimas da represión contáronse por decenas de miles. Os masacres provocaron a reacción da opinión pública e a diplomacia europeas e causa da intervención de Rusia, que aproveitou as matanzas de eslavos como pretexto para declarar a Guerra Ruso-Turca en abril de 1877, onde interviñeron tamén o exército romanés e tropas de voluntarios búlgaros. A guerra terminou coa completa derrota de Turquía.

O Tratado de San Stefano, asinado o 3 de marzo de 1878 estipulou a creación dun extenso principado autónomo de Bulgaria e o desmantelamento dos territorios europeos do Imperio Otomán. En 1879 unha asemblea constituínte reunida na cidade de Tarnovo adoptou unha constitución para Bulgaria, moi democrática para a época, e elixiu como príncipe a Alexandre de Battenberg, sobriño da tsarina de Rusia. Porén as ambicións nacionalistas non se conformaron coa autonomía, e finalmente logo dunha longa serie de disputas o 22 de setembro de 1908, co apoio do emperador de Austria-Hungría, Fernando I proclamou en Tarnovo a independencia de Bulgaria e tomou o título de tsar.

Época moderna miniatura|O Parlamento coas bandeiras de tódolos países da OTAN Durante 1912 e 1913 Bulgaria estivo involucrada nas Guerras Balcánicas, unha serie de conflitos cos países veciños, durante os cales o territorio búlgaro variou a súa extensión, adquirindo acceso á costa do mar Exeo, ao oeste da Turquía europea. Durante a primeira e segunda guerras mundiais, Bulgaria aliouse cos bandos que resultaron vencidos, as Potencias Centrais primeiro e o Eixo Roma-Berlín-Toquio despois.