San Pedro de Candia é unha parroquia do concello lugués de Abadín. Segundo datos do IGE, en 2023 tiña 57 habitantes (26 homes e 31 mulleres) o que supón unha diminución da poboación respecto a 2015 cando tiña 84 habitantes (42 homes e 42 mulleres), cunha densidade de 20,79 hab./km² e con 8 entidades de poboación e 7 lugares.

Ten 4,04 km² de superficie. Limita coas parroquias de Castromaior, Goás, Cabaneiro e Abadín. Pertencente ó arciprestado de Baroncelle.

As entidades son Carballás (21), Os Castros (12), A Grandela (13), Louside (3), Pedrafita (13), A Penamoura (4), Ponterroxal (5) e As Prazas (13). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) son O Barrio do Rei, Carballido, O Cristo, A Galgueira, Rego de Candia, Rozavella e Ruxidoiro.

Patrimonio esquerda|miniatura|Paisaxe. Esta parroquia, ó igual que as adxacentes, é moi rica en cruceiros, na inmensa maioría datados ao redor dos anos 1900. A igrexa era propiedade feudal da familia Candia, que construíu a parroquia no predio familiar en honra e agradecemento a San Pedro de Candia, polos logros da conquista das Américas, en nome de Pedro de Candia.

Lugares e parroquias Lugares de Candia

Parroquias de Abadín miniatura|dereita|As dezanove parroquias que conforman o concello de Abadín.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Abadín

Categoría:Parroquias de Abadín Categoría:Localidades do Camiño do Norte Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro