A Santa Trindade é un concepto relixioso cristián que se refire á crenza de que Deus é un e tres ó mesmo tempo. Así, o Deus dos cristiáns é Pai (Deus mesmo), Fillo (Xesucristo) e Espírito Santo (representado como unha pomba, ou como linguas de lume e incorpóreo e que lles dá poderes ós apóstolos en Feitos dos Apóstolos como curación, poliglotismo etc.).

Descrición As misións da Santa Trindade no tempo ou as súas atribucións son: O Pai é o principio da Vida, de quen todo procede, polo que se atribúe a creación. O Fillo procede eternamente do Pai, procreado por El, e asumiu noutro tempo a natureza humana por conseguir a nosa salvación. Atribúeselle a redención. O Espírito é enviado polo Pai e o Fillo pola vía da benquerenza, a modo de amor. Manifestouse por primeira vez no Bautismo, e tivo diversas aparicións posteriores como a transfiguración de Xesús e o día de Pentecoste sobre os discípulos. Reside nos corazóns dos fieis co don da caridade. Atribúeselle o don da santificación.

Como o entendemento do ser humano non entende a esencia divina, non pode penetrar no misterio da vida íntima de Deus, senón que só pode coñecer o que Este lle revela e asumilo coa fe esperada. Como Agostiño dicía: se o entendes, non é Deus. Deste xeito, en tódalas relixións cristiás a Santa Trindade é dogma de fe e, polo tanto, indiscutible.

miniatura|Escultura da Santa Trindade en Oleiros, Ribeira.|centro Véxase tamén Outros artigos

Igrexa Catolicismo Cristianismo Hécate Morrigan Shamrock Trimurti Trikaya

Categoría:Mitoloxía cristiá