O comiñoNome vulgar galego en Termos esenciais de botánica Universidade de Santiago de Compostela, 2004; "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; e Dicionario da Real Academia Galega A Coruña, RAG, 2012 (Cuminum cyminum) é unha planta herbácea e especia. É orixinaria das costas do Mediterráneo, e na actualidade atópase difundida tamén polo Novo Mundo.

Descrición da planta

Trátase dunha planta herbácea anual pertencente á familia Apiaceae (antes chamadas umbelíferas). Chega a acadar unha altura de 30 cm, posúe follas lanceoladas, as súas flores son pequenas, brancas ou rosas. As chamadas sementes son, en realidade, os froitos que constitúen a especia. De forma ovoide ou fusiforme alongada.

Especia O comiño ten un característico sabor amargo e un forte sabor e arrecendo grazas ao seu alto contido en aceites. Asóciase á cociña hindú, por estar presente no curry e a outras cociñas exóticas (norteafricana, mexicana). O seu emprego tamén está moi espallado en España, especialmente na cociña do sueste español. En Galiza non é común.

Propiedades É estomacal, carminativo e sedante con efectos semellantes aos do fiúncho, o anís ou a carvea. O seu aceite esencial provoca relaxación muscular.

Citoloxía O número de cromosomas de Cuminum cyminum (Fam. Umbelliferae) e táxones infraespecíficos (Cuminum cyminum L.) é 2n=14.Proves Chromosome atlas of flowering plants. Darlintong, C. D. & A. P. Wylie (1955)

Sinonimia Cuminum hispanicum Mérat ex DC. Cuminum odorum Salisb. Cuminum officinale Garsault Cyminon longeinvolucellatum St.-Lag. Ligusticum cuminum Crantz Luerssenia cyminum (L.) Kuntze

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Medicinal Value of Spices

Categoría:Cuminum Categoría:Especias Categoría:Flora da conca mediterránea Categoría:Plantas medicinais Categoría:Plantas descritas en 1753