Días de voda é un filme galego de 2002 dirixido por Juan Pinzás e protagonizado por Comba Campoy e Monti Castiñeiras. É o sexto filme en galego máis visto da historia, con 38.579 espectadores nos cinemas logo da súa estrea.
Sinopse A historia lévanos á voda de Sonia (Comba Campoy), a filla dun importante editor, que vai realizar o soño da súa vida casando con Rosendo (Monti Castiñeiras). El é un garboso escritor con tendencias homosexuais, que en realidade desexa máis o novo premio literario que creou o seu futuro sogro que á súa prometida. A celebración do casamento traerá inesperadas sorpresas.
Personaxes Monti Castiñeiras como Rosendo Comba Campoy como Sonia Ernesto Chao como Alexandre Belén Constenla como Xosefina Rosa Álvarez como Rosa Pilar Saavedra como Beatriz Miquel Insua como Nacho Asunción Balaguer Ernesto Ferro como avó Javier Gurruchaga como Fernando Alfonso Agra como Xacinto Luis Amérigo como avó de Sonia Juan Manuel de Prada como escritor Mimy L. Fuentes como avoa de Sonia Alejandro Garrido como conserxe Mónica Salgueiro como Teresa
Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Receptor Resultado1ª ediciónMellor filmePilar SueiroNomeado
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de filmes en galego con maior recadación Ligazóns externas Páxina oficial
Ficha no Consello de Cultura Galega
Categoría:Filmes de 2002 Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes dirixidos por Juan Pinzás Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Galicia