O mestre Mateu (século XII) foi un arquitecto e escultor galego, artífice da criptaBiografia de Mateo a Arteguias e do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela,DDAA. Visualart. Barcelona: Vicens Vives, 2009. ISBN 978-84-316-8233-0. que estivo activo entre o 1161 e o 1217. Dise que está autoesculpido no propio pórtico. Tamén é autor do antigo coro pétreo da mesma catedral. Este coro desfíxose, pero agora estase tentando rematar de reconstruír.

Traxectoria Posibelmente nado en Lugo, do seu paso por Compostela fai referencia o Tombo I, folio 67 onde se inclúen as rendas que pagaban certas casas coñecidas como as casas que pertenceran ao mestre Mateu. O autor Antonio López Ferreiro sitúa estas casas na zona da Acibechería preto do mosteiro de San Martiño Pinario. miniatura|Pórtico da Gloria na catedral de Santiago de Compostela Mateu foi o mestre de obras da catedral de Santiago de Compostela dende 1168, nomeado polo rei Fernando II para rematar a construción da catedral. Un documento do ano 1168 relata que o 23 de febreiro dese ano o rei doou ao mestre Mateu dous marcos de prata semanais, o que facía un total de 100 marabedís ao ano, para toda a vida.

Nos linteis do Pórtico da Gloria gravou o mestre unha epígrafe que, traducida para o galego, di:

A importancia da súa obra fai que se fale da Escola do mestre Mateu, creadora dun estilo que influíu en todo o territorio galego e en moitos outros lugares. Un bo exemplo é a capela real da catedral de León.

Obra miniatura|215px|Reconstrución do coro do mestre Mateu, no Museo da catedral de Santiago. Entre 1168 e 1211 o mestre e o seu obradoiro levantaron os tres tramos finais das naves maiores da catedral compostelá, os seis derradeiros tramos das tribunas e crearon todo o frontis occidental do edificio: a cripta, o Pórtico da Gloria, a súa tribuna, a fachada -desaparecida- e as dúas torres que a flanqueaban e que, en boa medida, aínda seguen en pé.

En 1200 Mateu, próximo aos sesenta anos, é posíbel que dirixise aínda as obras do coro pétreo que construíu o seu obradoiro para os cóengos. O coro sitúase na nave central da basílica dividindo o seu espazo e conformando un espazo independente, cunha significación simbólica de carácter apocalíptico que reforza a propia mensaxe alegórica do Pórtico da Gloria. Unha mensaxe inspirada en boa medida no Apocalipse de San Xoán o Bautista, irmán de Santiago o Maior.

Para lograr o supremo obxectivo de concluír a basílica apostólica de Occidente, o mestre Mateu gozou de abondosos medios humanos e técnicos derivados da rica tradición artística compostelá, procedente en boa medida dos obradoiros catedralicios, activos dende 1075 e de gran creatividade nos inicios do século XII. Algúns dos artífices que deron vida ao Pórtico -posibelmente el tamén- serían fillos, netos, bisnetos ou tataranetos dos canteiros e escultores que traballaron ás ordes dos mestres Bernaldino o Vello e Estevo. Mateu formouse, sen a menor dúbida, en tan fecunda tradición, aínda que soubo transcendela, achegando ao rico matraz compostelán as innovacións e matices que revelan a súa obra e o seu legado.

Discípulos Á sombra do gran mestre foise formando, dende 1168 até algo máis alá de 1200, un grupo de artistas que traballaron durante décadas baixo a súa dirección. Hai no Pórtico un estilo naturalista tradicionalmente atribuído á man do mestre principal e que se exemplifica nas imaxes pétreas do profeta Daniel e o Santiago do parteluz; dúas pezas que mostran unha posíbel influencia directa da arte francesa de vangarda, sobre todo da escultura da fachada da basílica de Saint-Denis de París (1140), edificio que puido recibir a visita do mestre compostelán, posto que a igrexa de Santiago mantiña dende fins do século XI fortes relacións coas igrexas francesas. Non sería impensábel, polo tanto, que o mozo Mateu, se se ten en conta a súa posíbel orixe compostelá, formase parte dalgunha delegación eclesiástica en viaxe a Francia. Neste periplo tería oportunidade de coñecer directamente, ou a través de debuxos e bosquexo, a nova arte auspiciada polo abade Suger de Saint-Denis.

A tradición francesa na cultura compostelá foi especialmente fecunda en época de Xelmírez, influencia que sen dúbida continuaría no ambiente artístico vivido por Mateu na Compostela das décadas de 1150-1160, época na que xerminaría o seu talento e principiaría a súa actividade. A apertura de miras deste artista e a mestizaxe cultural que promove, xunto coa alta calidade dos escultores e canteiros que integran o seu obradoiro, van configurar os sinais de identidade máis característicos do estilo mateán, en concreto da personalidade do Pórtico da Gloria e de toda a arte derivada del. Por outra parte, a variedade estilística da obra mateá é boa proba da vitalidade cultural da cidade de Santiago no século XII, meta da peregrinación occidental.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Bibliografía (1948): "Datos y conjeturas para la biografía del maestro Mateo", en Historias de Compostela (1970), Bibliófilos Gallegos, Biblioteca de Galicia XII. (reeditado en 1982 por Xerais con ISBN 84-7507-059-0). (1968): El Maestro Mateo en Santiago de Compostela. Granada, Albaicín, 1968. e (1990): El coro del Maestro Mateo de la catedral de Santiago. A Coruña. Historia del Arte Salvat. Tomo 6: el Prerrománico y el Románico, Madrid, 2006. ISBN 84-471-0327-7.

Outros artigos Día das Artes Galegas Coro pétreo do mestre Mateu Ligazóns externas ArteHistoria . Encyclopedia of Sculpture . Web Gallery of Art . 20px Mestre Mateo Galicia no tempo (27/05/1991) da TVG.

Categoría:Escultores de Galicia Categoría:Personalidades da Idade Media de Galicia Categoría:Catedral de Santiago de Compostela Categoría:Arquitectos de Galicia do século XII Categoría:Día das Artes Galegas