Aberdeen é unha cidade do condado de Grays Harbor, no estado de Washington (Estados Unidos). A súa poboación é de 16.042 habitantes (2008).
Xeografía Aberdeen está situada na confluencia dos ríos Chehalis e Wishkah, na baía de Grays.
Lingua e composición da poboación O 89% da poboación ten o inglés como lingua materna, o 7,7% o castelán, o 0,5% coreano, 0,4% khmer e o 0,4% alemán.
Orixe da poboación: 19% alemáns, 11,5% irlandeses, 10% ingleses, 9% hispanos, 5,5% noruegueses, 5,4% nativos americanos, 4,6% suecos, 3,7% franceses, 3,1% escoceses, 2,8% polacos, 2,7% asiáticos, 2,3% neerlandeses.
Historia
Os primeiros poboadores chegaron en 1880, chamando ao lugar Wishkah, pouco despois foille cambiado o nome para Aberdeen. O 16 de outubro de 1903 o lume queimou o distrito comercial, destruíndo 140 edificios e matando catro persoas.
Economía
A cidade depende da industria madeireira.
Medios de comunicación Hai 9 emisoras de radio, 2 estación de televisión e 1 diario.
Categoría:Cidades de Washington