Abertillery, en galés Abertyleri, é unha cidade do condado de Monmouthshire, en Gales. En 2000 tiña 18 000 habitantes.

Características En 1779 o lugar estaba composto por 180 casas e 500 habitantes. En 1850 perdeu o seu carácter rural, ao se abrir a primeira mina, e sobre todo a partir de 1870, coa emigración masiva de man de obra dende outras partes de Gales e de Inglaterra. A poboación pasou de 6 000 persoas en 1881 a 40 000 en 1921. O 10% da poboación pode falar galés. A Igrexa de St.Illtyd de 1213 é a construción máis antiga.

Categoría:Cidades de Gales