Washington, D.C. (ou Distrito de Columbia, ou distrito federal americano) é a capital dos Estados Unidos de América. O seu nome oficial é Washington, Distrito de Columbia. A cidade tamén se coñece como D.C., Washington, Capital Nacional ou Capital Federal. Está situada no leste do país, nas marxes do río Potomac, entre os estados de Maryland e Virxinia. Non se debe confundir co 42° estado americano, Washington. Por isto, Washington, a capital nacional, é xeralmente chamado Distrito de Columbia, e Washington, o estado, Estado de Washington.
O Distrito de Columbia é o distrito federal dos Estados Unidos, que posúe limitado poder gobernamental propio, sendo gobernada maioritariamente polo Congreso americano. É o centro administrativo, lexislativo e xudicial do país.
A poboación de Washington é de 588.292 habitantes (2007), e a súa rexión metropolitana posúe preto de 4,4 millóns de habitantes (7,8 millóns xuntamente coa rexión metropolitana de Baltimore, localizado a 100 km de Washington). A súa construción iniciouse en 1792, instalándose o goberno federal en 1800. A cidade constitúe o Distrito de Columbia, desanexado dos estados de Virxinia e Maryland. Posúe innúmeros monumentos, entre os que se encontran a Casa Branca (residencia do Presidente dos Estados Unidos), o Capitolio dos Estados Unidos (sede do Congreso), a Biblioteca do Congreso, o Monumento de Washington, e o Monumento a Lincoln.
miniatura|dereita|300px|Foto aérea do Monumento de Washington e da Casa Branca.
Historia
Xeografía 250px|dereita|miniatura|Imaxe de satélite do centro de Washington DC. Note a estrutura das vías públicas da cidade.
Localización xeográfica As coordenadas xeográficas de Washington son 38°53′42″N 77°02′11″O. O Distrito de Columbia está localizada na marxe nordeste do Río Potomac, ao norte do Estado de Virxinia, e ao sur do Estado de Maryland. A altitude media de Washington é de 7,6 metros, e o seu punto máis alto posúe 125 metros de altitude.
A cidade Washington está dividida por catro longas rúas que dividen a cidade en catro cuadrantes. Esas rúas parten do Washington Capitol, e chámanse North Capitol Street, South Capitol Street, East Capitol Street e West Capitol Street. Os cuadrantes son noroeste (Northwest), nordeste (Northeast), suroeste (Southwest) e sueste (Southeast). Todos os cuadrantes nomean as súas rúas usando o seguinte esquema: as rúas que cortan a cidade nun sentido leste-oeste son nomeadas cunha letra do alfabeto e as rúas que cortan a cidade nun sentido norte-sur son nomeadas cun número.
Alén diso, Washington está cortada por 50 avenidas que corren na diagonal (nordeste-suroeste, por exemplo), cada unha delas nomeando un Estado americano. Cando se inaugurou, Washington posuía 13 avenidas, nomeando as antigas 13 colonias americanas, localizadas próximas ao Capitolio dos Estados Unidos. Á medida que se engadiron máis Estados á Unión, construíronse máis avenidas , cada vez máis afastadas do Washington Capitol. Cando se cruzan dúas avenidas, forman unha rotatoria. Tales rotatorias posúen moitas veces parques, e teñen nome de personalidades famosas dos Estados Unidos ou do Distrito de Columbia. Washington está dividida nun total de 8 wards (distritos electorais) e 127 bairros diferentes.
O Distrito de Columbia impón límites de altura para os edificios construídos dentro do Distrito. Estas limitacións foron impostas no inicio do século XX, co aparecemento dos rañaceos, para evitar que estes edificios superasen en altura os monumentos da National Mall, co obxectivo de preservar a grandiosidade destes monumentos. Como consecuencia, Washington posúe un dos ceos máis limpos e abertos do país.
Cuadrante Noroeste 250px|dereita|miniatura|Imaxe de satélite do Distrito de Columbia. As liñas negras indican as rúas que dividen Washington en catro diferentes cuadrantes, todas partindo do Washington Capitol. O Cuadrante Noroeste é o maior dos catro cuadrantes, posuíndo aproximadamente a metade da cidade. O Cuadrante Noroeste non soamente é sede do centro gobernamental dos Estados Unidos, senón que tamén é o principal centro económico e comercial da cidade. As principais universidades da cidade tamén se localizan aí.
Cuadrante Nordeste O Cuadrante Nordeste cobre aproximadamente un cuarto da área da cidade. O Cuadrante Nordeste é predominantemente residencial, e a súa poboación é composta na súa maior parte por familias de clase media e alta.
Cuadrante Sueste O Cuadrante Sueste cobre aproximadamente un cuarto da área da cidade. Predominantemente residencial, onde moran familias de clase baixa e media, o Cuadrante Sueste tamén posúe un centro comercial importante.
Cuadrante Suroeste A menor dos catro cuadrantes, ocupando cerca dun décimo da cidade, o Cuadrante Suroeste foi o albo dun extensivo programa de renovación urbana entre a década de 1950 e a década de 1980. Moito do Cuadrante Suroeste é residencial, porén, no Cuadrante Suroeste localízanse varias estruturas gobernamentais e mais unha base aérea, así como un porto militar.
Rexión Metropolitana A Rexión Metropolitana de Washington-Baltimore inclúe o Distrito de Columbia, Baltimore, as cidades de Alexandria, Falls Church, Fredericksburg, Manasas e Manasas Park, no estado de Virxinia, e outros 18 condados en Maryland e en Virxinia. Como aconteceu en moitas grandes cidades norteamericanas, ambas Baltimore e Washington presentaron perda de poboación, desde a década de 1950. Moito dos habitantes vivindo en mudaranse para cidades veciñas, por causa da alta taxa de criminalidade.
A pesar da caída do número de habitantes na cidade desde a década de 1950, e do seu crecemento lento na actualidade, a rexión metropolitana sempre medrou axiña, desde entón: os habitantes de Washington, ao saír da cidade, mudáronse principalmente ás cidades veciñas. En 1950, a metrópole tiña preto de 3 millóns de habitantes. En 1980, alcanzara case os 5 millóns, e en 2000, 7,8 millóns.
En canto que Washington posúe unha poboación maioritariamente afroamericana, que compoñen preto do 60% da poboación, as cidades arredor de Washington son maioritariamente poboadas por brancos.
Clima O clima é temperado, e a cidade posúe catro estacións ben definidas. A temperatura media no inverno é de 3.4 °C, e no verán, de 26 °C. A temperatura mínima no inverno é de -30 °C a 4 °C, e no verán, entre 12 °C a 25 °C. As máximas no inverno fican entre -22 °C a 13 °C, e no verán, entre 19 °C a 33 °C. A precipitación anual media (choiva e sarabia) é de 127 cm. A precipitación media anual de neve é de aproximadamente 150 centímetros.
Administración Administración municipal Washington posúe un prefecto e un Consello municipal, como na gran maioría das cidades norteamericanas. Os habitantes da cidade elixen o prefecto e os membros do Consello, por mandatos de 4 anos. O Consello municipal está formado por 13 oficiais. Cinco deles son elixidos pola poboación do distrito e cada un dos oito restantes son elixidos por un dos oito distritos electorais (wards) da cidade. Porén, o poder do goberno municipal está limitado por emendas da Constitución norteamericana. O Goberno federal dos Estados Unidos ten poder de veto e autoridade sobre calquera feito relacionado coa cidade .
O Consello municipal cría novas leis municipais e discute posíbeis modificacións en leis xa existentes, e o prefecto pode vetar ou aprobar novas leis ou mudanzas en leis xa existentes. Porén, novas leis e mudanzas en leis xa existentes poden ser vetadas polo Congreso norteamericano. Unha lei pode ser desaprobada polo Congreso norteamericano, mesmo que esa dada lei fose aprobada por unanimidade polo prefecto e por todos os membros do Consello municipal. O Goberno norteamericano tamén pode criar e aplicar novas leis sen a aprobación do goberno municipal .
Cerca de 70% da renda provén de impostos recadados por impostos municipais, como impostos mensuais aplicados a propiedades, terreos e venda e compra de produtos. O resto da renda anual provén do Goberno federal norteamericano. Este paga unha taxa anual, polas propiedades gobernamentais instaladas en Washington.
Representación no goberno federal De acordo coa Constitución norteamericana, Washington DC está baixo directa xurisdición do Congreso federal. Este gradualmente cedeu algunha cantidade desta autoridade para o goberno local. Mesmo así, os habitantes do Distrito de Columbia non posúen o mesmo grao de representatividade, aproveitada por habitantes doutros estados norteamericanos.
Os habitantes do Distrito poden votar nas eleccións nacionais para a escolla do presidente norteamericano, mais non posúen representantes no Congreso norteamericano ou no Senado. Os cidadáns están representados na Casa dos Representantes dos Estados Unidos por Eleanor Holmes Norton, unha oficial que participa de comités e en debates mais non pode votar. Así, os cidadáns do Distrito de Columbia son únicos no mundo, xa que os habitantes doutras capitais en todos os outros países do mundo posúen os mesmos dereitos de representación gobernamental que habitantes doutras rexións do país. Moitas tentativas tentaron mudar esta situación, mais elas non tiveron suceso.
Actualmente, a frase Taxation Without Representation (Impostos sen representación) é inscrita nas placas de licenza dos vehículos comercializados no Distrito. Isto é unha forma de protesta, unha vez que, mesmo sen representación no goberno federal, os habitantes do Distrito de Columbia precisan pagar todos os impostos federais norteamericanos, tendo os mesmos deberes dos habitantes dos 50 estados norteamericanos, mais non a mesma totalidade dos dereitos.
Demografía De acordo co censo nacional de 2000, 572 059 habitantes, 274 845 residencias (248,338 habitadas) e 114 235 familias vivindo na cidade. Cerca do 60% da poboación é afroamericana, 32,78% son brancos, 2,66% son asiáticos, 0,30% son nativos norteamericanos, 0,06% son nativos de rexións norteamericanas do Pacífico, 3,84% son doutras razas e 2,35% son descendentes de dúas ou máis etnias. 7,86% da poboación da cidade son hispánicos, de calquera etnia.
Existen 248 338 residencias ocupadas, dos cales 19.8% abrigan persoas menores de 18 anos de idade, 22,8% abrigan casais, 18,9% abrigan unha muller sen marido presente e 54,0% son ocupadas por apenas unha persoa, ou por persoas que non posúen parentesco ou maior relación entre si. 43,8% das residencias ocupadas son ocupadas por apenas unha persoa, e 10% abrigan cando o menos unha persoa necesitada. Unha residencia ocupada abriga en media 2.16 persoas, e o tamaño medio dunha familia é de 3,07 integrantes.
20,1% da poboación da cidade son menores de idade, 12,7% posúen entre 18 a 24 anos de idade, 33,1% posúen entre 25 a 44 anos de idade, 21,9% posúen entre 45 a 64 anos de idade, e 12,2% da poboación da cidade posúe máis de 65 anos de idade. A idade media dos habitantes da cidade é de 35 anos. Para cada 100 persoas do sexo feminino hai 89 persoas do sexo masculino. Para cada 100 persoas do sexo feminino maior de idade hai 86,1 persoas do sexo masculino maiores de idade.
A renda anual familiar media é de 46 283 dólares. Os homes posúen renda anual media de 40 513 dólares, e as mulleres 36 361 dólares. A renda per cápita da cidade é de 28,659 dólares. 20,2% da poboación e 16,7% das familias da cidade viven abaixo da liña de pobreza. 31.1% dos menores de idade e 16,4% dos necesitados que viven no Distrito de Columbia viven baixo a liña de pobreza. Preto do 68% da poboación da cidade son protestantes, 16% son católicos, 4% son crentes doutras relixións, e 7% non posúen relixión ningunha.
Economía O produto interno bruto do Distrito de Columbia é duns 70 000 millóns de dólares.
Servizos públicos