Romanía () é un país situado ao sueste de Europa central. Limita ao norte e leste por Ucraína, ao leste por Moldova, ao sur por Bulgaria e ao oeste por Serbia e Hungría. Posúe ademais unha pequena costa marítima no Mar Negro.

Membro da OTAN dende o 29 de marzo de 2004 e da Unión Europea dende o 1 de xaneiro de 2007, e o sétimo país máis poboado desta última e o noveno segundo a superficie. A cidade de Bucarest, á beira do río Dâmbovița é unha das súas maiores atraccións turísticas, ademais de ser a capital e a cidade maior do país. A cidade de Sibiu foi designada como capital europea da cultura no ano 2007, xunto con Luxemburgo.

Etimoloxía O nome Romanía (en romanés: România) ven do romanés român, palabra que deriva do latín Romanus (Romano). Este feito de que os romaneses se chamen a si mesmos un derivado de romanus está documentado dende comezos do século XVI por moitos autores, incluídos humanistas italianos en viaxes por Transilvania, Moldova e Valaquia."nunc se Romanos vocant" A. Verres, Acta et Epistolae, I, p. 243"...si dimandano in lingua loro Romei...se alcuno dimanda se sano parlare in la lingua valacca, dicono a questo in questo modo: Sti Rominest ? Che vol dire: Sai tu Romano,..." Cl. Isopescu, Notizie intorno ai romeni nella letteratura geografica italiana del Cinquecento, in Bulletin de la Section Historique, XVI, 1929, p. 1- 90“Anzi essi si chiamano romanesci, e vogliono molti che erano mandati quì quei che erano dannati a cavar metalli...” in Maria Holban, Călători străini despre Ţările Române, vol. II, p. 158–161"Tout ce pays la Wallachie et Moldavie et la plus part de la Transivanie a esté peuplé des colonie romaines du temps de Traian l’empereur…Ceux du pays se disent vrais successeurs des Romains et nomment leur parler romanechte, c'est-à-dire romain … " Voyage fait par moy, Pierres Lescalopier l’an 1574 de Venise a Constantinople, fol 48 in Paul Cernovodeanu, Studii si materiale de istorie medievala, IV, 1960, p. 444 O documento máis antigo escrito en lingua romanesa é unha carta datada en 1521 coñecida como "Carta de Neacşu desde Câmpulung",Iorga, N., Hurmuzachi, Apud, ed., La carta de Neacşu de Câmpulung, vol. Documente, XI, pp. 843. ademais este documento é notable xa que é o primeiro no que figura a palabra "romanés" nun texto nesa lingua, sendo chamada Valaquia a Terra Romanesa (Ţeara Rumânească).

Nos seguintes séculos os documentos romaneses usaban indiferentemente dúas formas, român e rumân como xentilicio do país."am scris aceste sfente cǎrţi de învăţături, sǎ fie popilor rumânesti... sǎ înţeleagǎ toţi oamenii cine-s rumâni creştini" "Întrebare creştineascǎ" (1559), Bibliografía româneascǎ veche, IV, 1944, p. 6. "...că văzum cum toate limbile au şi înfluresc întru cuvintele slǎvite a lui Dumnezeu numai noi românii pre limbă nu avem. Pentru aceia cu mare muncǎ scoasem de limba jidoveascǎ si greceascǎ si srâbeascǎ pre limba româneascǎ 5 cărţi ale lui Moisi prorocul si patru cărţi şi le dăruim voo fraţi rumâni şi le-au scris în cheltuială multǎ... şi le-au dăruit voo fraţilor români,... şi le-au scris voo fraţilor români" Palia de la Orǎştie (1581–1582), Bucureşti, 1968. " În Ţara Ardealului nu lăcuiesc numai unguri, ce şi saşi peste seamă de mulţi şi români peste tot locul...", Grigore Ureche, Letopiseţul Ţării Moldovei, p. 133-134. Evolucións sociolingüísticas no final do século XVII levaron a un proceso de diferenciación semántica, a forma "rumân", presumiblemente usual entre as clases máis baixas, pasou a tomar o significado de "servo". Despois da abolición da servidume en 1746 a forma "rumân" foi desaparecendo gradualmente quedando soamente a forma "român" ou "românesc".Brezeanu, Stelian (1999). Romanitatea Orientalǎ în Evul Mediu. Bucarest: Editura All Educational, 229-246. O nome "România" como terra de tódolos romaneses está documentado dende comezos do século XIX, sendo oficialmente usado dende o 11 de decembro de 1861.A primeira mención coñecida do termo "Romanía" no sentido moderno da palabra, é da obra do erudito grego Dimitrie Daniel Philippide, publicada en Leipzig en 1816 e chamada "A historia de Romanía", seguida de "A xeografía de Romanía". En galego o nome do país é Romanía, empregándose a forma Romania para referirse ao grupo de terras europeas onde apareceron as linguas románicas.

Historia

Prehistoria e Antigüidade No ano 2002, os máis antigos restos humanos (Homo sapiens sapiens) de Europa foron atopados na "Cova con ósos" (Peştera cu Oase), preto de Anina, na actual Romanía.Trinkaus, E.; Ş. Milota & R. Rodrigo et al., "Early Modern Human Cranial remains from the Peştera cu Oase" (en inglés). Journal of Human Evolution 45: 245-253. Os restos (unha mandíbula) datan de aproximadamente 42.000 anos e recibiron o alcume de "Xoán de Anina" (Ion din Anina). Como os restos europeos máis antigos de Homo sapiens, poderían representar os primeiros homes que entraron no continente.Zilhão, João, "Neanderthals and Moderns Mixed and It Matters" (en inglés). Evolutionary Anthropology 15: 183-195. Os restos son interesantes especialmente porque presentan unha mestura de trazos arcaicos, de home moderno temperán, e de neanderthal,Trinkaus, E.; Ou. Moldovan & Ş. Milota et al. (2003), "An early modern human from Pe?tera cu Oase, Romania" (en inglés). Proceedings of the National Acadademy of Science Ou.S.A. 100 (20): 11231?11236. indicando unha posible mestura entre o Neanderthal e o home moderno.Soficaru, Andrei; Adrian Dobo & Erik Trinkaus, "Early modern humans from the Peştera Muierii, Baia de Fier, Romania", Proceedings of the National Acadademy of Science Ou.S.A. 103 (46): 17196-17201A 40,000-year-old skull shows both modern human and Neanderthal traits, University of Bristol Press Releases, 2007. Dispoñible na World Wide Web: Rougier, Hélène; Stefan Milota & Ricardo Rodrigo et al. (2007), "Pestera cu Oase 2 and the cranial morphology of early modern Europeans" (en inglés). Proceedings of the National Academy of Sciences of USA 104 (4): 1165-1170.

Dende o Paleolítico, o actual territorio de Romanía foi escenario do desenvolvemento de varias comunidades culturais. As probas escritas máis vellas da presenza dun pobo en territorios da actual Romanía veñen de Heródoto, en 513 a. C.History of costume elements, Eliznik.co.uk, a website dedicated to the study of the traditional peasant culture in Romanian and Bulgaria. Dispoñible na World Wide Web: (en inglés). Antes da conquista romana, a rexión estaba poboada por tribos de orixe dacia, indoeuropea, que deron ao país o seu nome prerromano, Dacia. O seu líder máis soado foi Decébalo, malia ser Burebista o primeiro líder que uniu as tribos dacias. Unha parte de Dacia foi conquistada por Traxano e o seu exército no ano 107. É posible que unha parte importante da poboación autóctona fose masacrada durante a campaña de conquista ou, talvez, asimilada ou dispersada, o que deu lugar á súa substitución con colonos romanos. Malia iso, permaneceu unha poboación significativa de "dacios ceibes" nos territorios non conquistados polos romanos. As Guerras Dacias son inmortalizadas na Columna de Traxano, do Foro de Traxano en Roma.

Idade media miniatura|esquerda|230px|Antiga Dacia O avance dos xermanos dende final do século III fixo que, finalmente, o emperador Aureliano decidise abandonar a rexión.Jordanes. De orixine actibusque Getarum (A orixe e as fazañas dos Godos) ou Getica, (escrito en latín e traducido ao inglés). Último acceso 24 de decembro de 2009. Despois de que a armada romana e maila administración deixaran Dacia, o territorio foi invadido polos godos, e, no século IV polos hunos. Dende o século VI a poboación autóctona tivo que enfrontarse a ondas de pobos migratorios eslavos e xermanos nómades entre os que se atopban os xépidos,HISTORY OF TRANSYLVANIA. Editado por LÁSZLÓ MAKKAI e ANDRÁS MÓCSY. THE KINGDOM OF THE GEPIDS (en inglés). Foi un Pobo xermano procedente do baixo Vístula, que se asentou en Transilvania. ávaros, búlgaros, pechenegos, e cumanos.

Na Idade Media, os romaneses vivían en repartidos entre tres principados: Valaquia (en romanés: Ţara Românească —"Terra romanesa"), Moldova (en romanés: Moldova) e Transilvania. No século XI, Transilvania foi conquistada polos maxiares converténdose nunha rexión autónoma do Reino de Hungría. Durante os séculos XII e XIII, colonos alemáns de Saxonia asentáronse na zona. No século XVI, despois da derrota húngara fronte aos turcos otománs na batalla de Mohács (1526), formouse o principado autónomo de Transilvania, vasalo do Imperio Otomán até o século XVIII (1711). Nos outros principados romaneses, desenvolvéronse diversos pequenos estados con diferentes graos de independencia, sen aparecer grandes principados até o século XIV cando apareceron os principados de Valaquia (1310) e Moldova (ao redor de 1352) para loitar contra a ameaza do Imperio Otomán. Vlad III o Empalador mantivo unha política de independencia en relación co Imperio Otomán, e, en 1462 venceu a ofensiva de Mehmed II.Vlad III (ruler of Walachia). Britannica Online Encyclopedia.

En 1541, a península balcánica enteira xunto Hungría convertéronse en provincias otomás. En contraste, Moldova, Valaquia, e mais Transilvania, ficaron baixo réxime de soberanía, conservando enteiramente a súa autonomía, e até o século XVIII certo grao de independencia externa. Durante este período as terras romanesas caracterizáronse polo paseniño esvaecemento do sistema feudal; o destacamento dalgúns gobernadores coma Estevo o Grande, Vasile Lupu, e Dimitrie Cantemir en Moldova, Matei Basarab, Vlad III o Empalador, e Constantin Brâncoveanu en Valaquia, e Gabriel Bethlen en Transilvania; a época dos Fanariotas; e o nacemento do Imperio ruso coma influencia política e militar.

miniatura|250px|Mapa de 1600 Terras habitadas por romaneses antes da I Guerra Mundial|miniatura|250px En 1600, os principados de Valaquia, Moldova e Transilvania pasaron a ser gobernados por un mesmo príncipe valaco, Miguel o Valente (Mihai Viteazul). Porén, a oportunidade dun goberno unitario disolveuse despois de que Mihai fose asasinado tan só un ano despois polos soldados do xeneral austríaco Giorgio Basta. Mihai Viteazul, quen fora príncipe de Transilvania durante menos dun ano, tentou por vez primeira unificar os tres principados e establecer os alicerces dun só estado, nun territorio comparado ao da actual Romanía.

Trala súa morte, Moldova e Valaquia tiñan completa autonomía interna e independencia externa coma estados vasalos tributarios, privilexio perdido no século XVIII. En 1699, Transilvania converteuse nun territorio do Imperio austríaco baixo a coroa dos Habsburgo, despois de que estes vencesen os otománs na Gran guerra turca. Os austríacos, aproveitaron entón para espallar axiña o seu imperio: en 1718 fixéronse cunha gran parte de Valaquia, chamada Oltenia, parte que formou parte do imperio até 1739. En 1775, o Imperio austríaco ocupou a parte noroeste de Moldova, máis tarde chamada Bucovina, mentres que a metade leste do principado (chamada Besarabia) foi ocupada en 1812 por Rusia.

Independencia e monarquía Durante o dominio austro-húngaro en Transilvania, e o otomán sobre Valaquia e Moldova, a maioría dos romaneses atopábase nunha situación de inferioridade, sendo considerados cidadáns de segunda clase (ou nin tan sequera cidadáns) nun territorio onde constituían a maioría da poboación. Nalgunhas cidades transilvanas coma Braşov (chamada naquel tempo Kronstadt), os romaneses tiñan prohibida a residencia dentro dos muros da cidade. En xeral, as numerosas medidas de discriminación contra os romaneses en Transilvania,Prodan, David (1948), Supplex Libellus Valachorum, Bucarest tiveron como resultado o fortalecemento da súa conciencia étnica. No século XVIII, os intelectuais romaneses de Transilvania resaltaron a orixe romana dos romaneses, igual que algúns intelectuais de Valaquia e Moldova.