5 de marzo é o 64º día do ano no calendario gregoriano e o 65º nos anos bisestos. Quedan 301 días para acabar o ano.
Acontecementos 1798 - Os franceses ocupan Berna. 1876 - Publícase o primeiro número do xornal Corriere della Sera. 1933 - Triunfo do partido nazi nas eleccións alemás. 1935 - Fórmase o concello da Ribeira de Piquín. 1946 - Winston Churchill crea a expresión Cortina de Ferro nun discurso. Este facto é lembrado como o comezo da guerra fría. 1982 - O satélite soviético Venera 14 chega a Venus. 2004 - Iníciase o proxecto gráfico Aduaneiros sem fronteiras.
Nacementos miniatura|100px|Rosa Luxemburg. miniatura|100px|Ramón Otero Pedrayo. 1133 - Henrique II de Inglaterra 1324 - David II de Escocia 1512 - Gerardus Mercator, xeógrafo alemán 1696 - Giovanni Battista Tiepolo, pintor italiano. 1871 - Rosa Luxemburg, revolucionaria comunista de orixe polaca. 1881 - Augusto Barcia Trelles, avogado e político republicano español. 1888 - Ramón Otero Pedrayo, escritor, político e intelectual galego (m. 1976). 1887 - Heitor Villa-Lobos, compositor brasileiro (m. 1959). 1918 - James Tobin, economista estadounidense (m. 2002). 1922 - Pier Paolo Pasolini, escritor e director de cine italiano (m. 1975). 1925 - Luís Filipe Lindley Cintra, lingüista e filólogo portugués (m. 1991). 1930 - Jean Tabary, debuxante de cómics (m. 2011). 1931 - Antonio Alonso Fontán, escritor galego. 1937 - Olusegun Obasanjo, presidente de Nixeria. 1938 - Lynn Margulis, bióloga estadounidense (m. 2011). 1941 - José María Merino, escritor en lingua castelá. 1942 - Felipe González, expresidente do goberno de España. 1944 - Ewa Sowińska, política e médica polaca. 1944 - Élisabeth Badinter, escritora e filósofa francesa. 1946 - Fermín Bouza Álvarez, sociólogo e escritor galego. 1949 - Francisco Sineiro, enxeñeiro agrónomo e político galego. 1958 - Andy Gibb, cantante (m. 1988). 1967 - Ray Loriga, escritor, guionista e director de cine español. 1968 - Pedro Casteleiro, poeta galego.
Mortes miniatura|100px|Anna Akhmatova. 1605 - Clemente VIII papa. 1827 - Alessandro Volta, físico italiano. 1893 - Hippolyte Taine, filósofo e historiador francés. 1901 - Federico Blume Othon, enxeñeiro pioneiro da navegación submarina en Suramérica (n. 1831). 1944 - Max Jacob, artista francés. 1949 - Carmen Temprano Salorio, guerrilleira antifranquista galega. 1953 - Herman J. Mankiewicz, guionista norteamericano. 1953 - Serguei Prokofiev, compositor ruso. 1953 - Iosif Stalin, máximo dirixente soviético. 1966 - Anna Akhmatova, poeta rusa. 1981 - Fermín Penzol, galeguista (n. 1901). 1982 - John Belushi, actor norteamericano. 1984 - Tito Gobbi, barítono italiano (n. 1915). 2013 - Hugo Chávez, presidente de Venezuela (n. 1954). 2014 - Leopoldo María Panero, poeta español (n. 1948). 2019 - Manuel Vilanova, profesor e escritor galego (n. 1944). 2026 - António Lobo Antunes, médico e escritor portugués (n. 1942).
Festas e celebracións Día Nacional de Cornualla Día Mundial da Eficiencia Enerxética
Outros Santoral: San Teófilo, Santo Hadrián, Santa Oliva.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Os 366 días do ano
05