O 6 de febreiro é o 37º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 328 días para finalizar o ano, 329 nos anos bisestos.

Acontecementos 337: en Roma Xulio I é elixido papa. 1819 - O inglés Sir Thomas Stamford Raffles funda a cidade de Singapur. 1833 - Estados Unidos: o inventor Samuel Morse presenta o telégrafo en público. 1873 - Bolivia e o Perú asinan un tratado secreto de alianza militar. Historiadores chilenos menciónano como unha das causas da Guerra do Pacífico. 1918 - Institúese o voto das mulleres no Reino Unido. 1952 - Reino Unido: Isabel II asume a coroa.

Nacementos miniatura|100px|Eduardo Pondal. miniatura|150px|Bob Marley. 1796 - Saturnino Montojo, mariño militar, astrónomo e matemático galego (m. 1856). 1799 - José Arias Teixeiro, político galego (m. 1876). 1833 - José María de Pereda, novelista español (m. 1906). 1835 - Eduardo Pondal, poeta galego (m. 1917). 1883 - José Puente Castro, médico galego (m. 1964). 1892 - William Parry Murphy, médico estadounidense (m. 1987). 1899 - Antonio Taboada Roca, farmacéutico e historiador galego (m. 1978). 1902 - Santiago Rey Pedreira, arquitecto galego (m. 1977). 1903 - Claudio Arrau, pianista chileno-estadounidense (m. 1991). 1911 - Ronald Reagan, actor e presidente dos Estados Unidos (m. 2004). 1912 - Xosé María García Rodríguez, escritor, xornalista, xuíz e diplomático galego (m. 2006). 1913 - Mary Leakey, antropóloga británica (m. 1996). 1927 - Daniel Cortezón, escritor galego (m. 2009). 1932 - Camilo Cienfuegos, revolucionario cubano (m. 1959). 1932 - François Truffaut, director e actor francés (m. 1984). 1937 - Ana Orantes Ruiz, vítima de violencia de xénero, que explicou nunha entrevista na televisión a violencia á que fora sometida por parte do seu exmarido.(m.1997) 1938 - Álvaro Rodríguez Bereijo, xurista galego. 1945 - Bob Marley, cantante de reggae de Xamaica (m. 1981). 1949 - Jim Sheridan, director de cine irlandés. 1951 - Xosé María Costa Gómez, escritor galego. 1954 - Pachi Vázquez, político galego. 1962 - Axl Rose, rockeiro (Guns N' Roses). 1962 - José Blanco, político socialista galego. 1966 - Rick Astley, cantante inglés.

Mortes miniatura|100px|Carlo Goldoni. 1685 - Carlos II de Inglaterra, rei de Inglaterra, Escocia e Irlanda (n. 1629). 1687 - Juan de Jesús, frade franciscano español e místico (n. 1615). 1793 - Carlo Goldoni, dramaturgo italiano (n. 1707). 1804 - Joseph Priestley, teólogo e químico inglés (n. 1733). 1833 - Pierre André Latreille, sacerdote e entomólogo francés (n. 1762). 1833 - Fausto Delhuyar, químico e xeólogo español que -xunto ó seu irmán Juan José- illou o volframio en 1783 (n. 1755). 1866 - Juan Gregorio de las Heras, militar arxentino, heroe na independencia de Chile (n. 1780). 1899 - Ramón Verea, escritor e inventor galego (n. 1833). 1907 - Adolfo Emanuel Guimarães de Azevedo, escritor brasileiro (n. 1871). 1916 - Rubén Darío, poeta nicaraguano (n. 1867). 1918 - Gustav Klimt, pintor simbolista austríaco e un dos membros máis importantes do movemento da Art Nouveau (n. 1862). 1919 - Antonio López de Neira, empresario e político galego (n. 1827). 1923 - Edward Emerson Barnard, astrónomo estadounidense (n. 1857). 1960 - Manuel Serafín Fandiño, sindicalista e xornalista galego (n. 1889). 1982 - Ben Nicholson, pintor e escultor inglés (n. 1894). 1984 - Jorge Guillén, poeta español (n. 1893). 1986 - María Gómez González, política galega (n. 1905). 1991 - María Zambrano, filósofa española (n. 1904). 1994 - Jack Kirby, debuxante de banda deseñada norteamericano (n. 1917). 1995 - Maruxa Mallo, pintora galega (n. 1902). 2012 - Antoni Tàpies, pintor catalán (n. 1923).

Festas e celebracións En Nova Zelandia - Día do Tratado de Waitangi, festa nacional. Día Internacional contra a mutilación xenital feminina.

Outros Santoral: San Paulo Miki (mártir).

Os 366 días do ano

06