O 4 de febreiro é o 35º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 330 días para finalizar o ano, 331 nos anos bisestos.
Acontecementos 1135 - Fundación do Mosteiro de Santa María de Aciveiro. 1508 - En Alemaña, Maximiliano I é coroado emperador. 1789 - George Washington é electo por un colexio electoral como o primeiro presidente dos Estados Unidos. 1948 - Sri Lanka obtén a súa independencia. 1972 - A sonda estadounidense Mariner 9 transmite fotos dende Marte.
Nacementos miniatura|100px|Natalie Imbruglia. miniatura|100px|Eric Garcetti. 1740 - Carl Michael Bellman, poeta sueco (m. 1795). 1799 - Almeida Garrett, escritor e político portugués (m. 1854). 1840 - Hiram Stevens Maxim, inventor estadounidense (m. 1916). 1842 - Arrigo Boito, poeta e compositor italiano (m. 1918). 1842 - Georges Brandes, escritor dinamarqués (m. 1927). 1864 - Salvador Cabeza de León, galeguista e profesor galego (m. 1934). 1868 - Constance Markievicz, política irlandesa (m. 1927). 1892 - Andreu Nin, marxista revolucionario español (m. 1937). 1895 - Henrique Galvão, militar e escritor portugués (m. 1970). 1897 - Ludwig Erhard, político e economista alemán (m. 1977). 1900 - Jacques Prévert, poeta e guionista francés (m. 1977). 1902 - Charles Lindbergh, aviador estadounidense (m. 1974). 1906 - Dietrich Bonhoeffer, teólogo alemán (m. 1945). 1906 - Clyde Tombaugh, astrónomo estadounidense (m. 1997). 1913 - Rosa Parks, activista polos dereitos civís estadounidense (m. 2005). 1922 - Xosé López Calo, sacerdote xesuíta católico e musicólogo galego. 1930 - Gabriel Elorriaga Fernández, político galego. 1941 - Laisenia Qarase, primeiro ministro de Fidxi de 2000 a 2006. 1941 - José Antonio Pet Posse, escritor galego. 1942 - Ovidi Montllor, cantautor e actor español (m. 1995). 1943 - Ken Thompson, informático estadounidense. 1946 - Manuel Mera, sindicalista e político galego. 1948 - Pepa Flores (Marisol), cantante e actriz española. 1948 - Alice Cooper, cantante dos Estados Unidos. 1955 - Mikuláš Dzurinda, primeiro ministro de Eslovaquia de 1998 a 2006. 1957 - Don Davis, compositor e director de orquestra estadounidense. 1966 - María Jesús Montero, política española do PSOE. 1971 - Eric Garcetti, alcalde dos Ánxeles, California. 1974 - Martha Sánchez Néstor, líder indíxena e feminista mexicana 1975 - Natalie Imbruglia, cantante e actriz australiana. 1989 - Lavoy Allen, xogador americano de baloncesto.
Mortes miniatura|100px|Concepción Arenal. 211 - Septimio Severo, emperador romano (n. 146). 708 - Sisinio, papa durante vinte días. 1893 - Concepción Arenal, escritora galega (n. 1820). 1894 - Adolphe Sax, luthier, inventor do saxofón (n. 1814). 1928 - Hendrik Lorentz, físico galardoado co Premio Nobel (n. 1853). 1939 - Edward Sapir, lingüista estadounidense de orixe alemá (n. 1884). 1983 – Karen Carpenter, cantante estadounidense (n. 1950). 1987 – Liberace, pianista estadounidense (n. 1919). 1950 - José López Penedo, guerrilleiro anarquista galego (n. 1915). 1995 - Patricia Highsmith, escritora estadounidense (n. 1921). 1996 - Manolo Fábregas, actor mexicano de orixe galega (n. en Vigo en 1921). 2001 - Iannis Xenakis, compositor e arquitecto de ascendencia grega (n. 1922). 2008 - Manuel Díaz y Díaz, latinista galego (n. 1924). 2010 - Antón Moreda, histórico galeguista (n. 1934). 2011 - Martial Célestin, primeiro ministro haitiano durante uns meses (n. 1913). 2020 - José Luis Cuerda, director de cine español (n. 1947).
Festas e celebracións Día Mundial contra o Cancro Convocado desde o ano 2000 polo Cumio Mundial contra o Cancro para o Novo Milenio (International Union Against Cancer –UICC-, organización non gobernamental dedicada exclusivamente ó control do cancro) a través da Carta de París , ten como obxectivo promover a alianza e a colaboración na loita contra o cancro entre investigadores, profesionais da saúde, pacientes, gobernos, industria médica e farmacéutica e medios de comunicación. Baséase en que para vence-la enfermidade cómpre establecer unha nova concepción baseada na colaboración na investigación, a prevención e o tratamento do cancro.
Outros Santoral: Santo Andrés Corsini; Santo Aquilino, mártir; San Xelasio, mártir; San Donato, mártir.
Os 366 días do ano
04