6 de marzo é o 65º día do ano no calendario gregoriano e o 66º nos anos bisestos. Quedan 300 días para acabar o ano.

Acontecementos 1869 - Dimitri Mendeléiev presenta a primeira táboa periódica dos elementos. 1957 - Ghana tórnase independente. 1957 - Israel retira as súas tropas da Península do Sinaí. 1973 - Lanzamento de Pioneer 11 cara Xúpiter, Saturno e o espazo interestelar.

Nacementos miniatura|100px|Michelangelo. miniatura|100px|Shaquille O'Neal. 1475 - Michelangelo Buonarroti, pintor, escultor, poeta e arquitecto italiano (m. 1564). 1855 - Ángel Elduayen, político español (m. 1927). 1869 - Francisca Herrera Garrido, escritora e primeira muller en ser nomeada membro numerario da RAG (m. 1950). 1877 - Ramón de Artaza Malvárez, escritor galego (m. 1976). 1877 - Prudencio Landín Tobío, avogado, político, xornalista e escritor galego (m. 1955). 1917 - Will Eisner, autor de cómic estadounidense (m. 2005). 1919 - Benito Varela Jácome, estudoso e crítico literario galego (m. 2010). 1925 - Wes Montgomery, guitarrista estadounidense (m. 1968). 1927 - Gabriel García Márquez, escritor colombiano. 1937 - Valentina Tereshkova, cosmonauta soviética. 1944 - Kiri Te Kanawa, soprano da Nova Zelandia. 1944 - Alfredo Deaño, filósofo e lóxico galego (m. 1978). 1949 - Shaukat Aziz, primeiro ministro do Paquistán. 1968 - Moira Kelly, actriz estadounidense. 1969 - Nava Castro, política galega. 1972 - Shaquille O'Neal, xogador de basquet estadounidense.

Mortes miniatura|100px|Gottlieb Daimler. 1836 - Davy Crockett, aventureiro e político norteamericano (n. 1786). 1900 - Gottlieb Daimler, fabricante de vehículos alemán (n.1834). 1918 - Bernardo Bermúdez Jambrina, actor e escritor galego (n. 1887). 1932 - John Philip Sousa, compositor estadounidense (n.1854). 1937 - Rudolf Otto, teólogo alemán (n. 1869). 1950 - Albert Lebrun, presidente de Francia (n. 1871). 1962 - Constantino Candeira Pérez, arquitecto e escritor galego (n. 1892). 1967 - Zoltán Kodály, compositor e filósofo húngaro (n. 1882). 1973 - Pearl S. Buck, escritora estadounidense, Premio Nobel de Literatura (n.1892). 1986 - Georgia O'Keeffe, pintora estadounidense (n. 1887). 1992 - Maria Helena Vieira da Silva, pintora portuguesa, naturalizada francesa (n. 1908). 1995 - Luis Almazán Lucas, poeta galego (n. 1918). 1997 - Michael Manley, primeiro ministro de Xamaica (n. 1924). 1997 - Cheddi Jagan, presidente de Güiana (n. 1918). 2004 - Luísa Villalta, escritora e violinista galega. (n. 1957). 2005 - Hans Bethe, físico alemán, Premio Nobel (n. 1906). 2005 - Rainiero III, príncipe de Mónaco. 2006 - Shigeru Kayano, figura do movemento étnico do pobo ainu no Xapón (n. 1926). 2007 - José Luis Coll García, humorista español, membro con Luis Sánchez Polack da parella "Tip y Coll". 2007 - Jean Baudrillard, sociólogo francés. 2012 - Francisco Xavier do Amaral, político de Timor Leste (n. 1937). 2019 - Pilar Vázquez Cuesta, escritora e filóloga galega (n. 1925).

Festas e celebracións Día da Enfermidade Pulmonar Obstrutiva Crónica Día Mundial do Pelo Día Internacional do Escultor

Outros Santoral: Santa Rosa de Viterbo.

Notas

Os 366 días do ano

06