Pelomedusidae é unha familia de tartarugas de auga doce nativas do leste e sur de África. Admiten lonxitudes de entre 12 e 45 cm e en xeral son arredondadas. Son incapaces de meter totalmente as súas cabezas nos seus caparazóns.
A familia ten dous xéneros vivos. Distínguense dos seus parentes máis próximos por unha bisagra na parte diantera do plastrón.
As Pelomedusidae pasan a maior parte do seu tempo no lodo do fondo de ríos ou lagos pouco profundos, onde se alimentan de invertebrados tales como insectos, moluscos e vermes. Moitas das especies estivan durante a estación seca, soterrándose no bulleiro.
Clasificación Taxonomía Xénero: Erymnochelys Erymnochelys madagascariensis (Podocnemide do Madagascar) Xénero: Pelomedusa Pelomedusa subrufa Pelomedusa subrufa subrufa Pelomedusa subrufa olivacea Xénero: Peltocephalus Peltocephalus dumerilianus Xénero: Pelusios Pelusios adansonii Pelusios bechuanicus Pelusios broadleyi Pelusios carinatus (Tartaruga da lama africana carenada) Pelusios castaneus (Tartaruga da lama africana) Pelusios castaneus castaneus Pelusios castaneus chapini Pelusios castanoides Pelusios castanoides intergularis Pelusios gabonensis Pelusios nanus Pelusios niger Pelusios rhodesianus Pelusios seychellensis Pelusios sinuatus Pelusios subniger Pelusios subniger parietalis Pelusios williamsi Xénero: Podocnemis Podocnemis erythrocephala Podocnemis expansa Podocnemis lewyana Podocnemis sextuberculata Podocnemis unifilis Podocnemis vogli
Véxase tamén
Outros artigos Tartaruga Pleurodira Ligazóns externas
Pelomedusidae en reptile-database.org
Categoría:Pleuródiros