Eritritol, un azucre-alcohol|miniatura Os azucres-alcohois (ou azucres-alcois), azucres alcohólicos, glicitois ou alditois son un tipo de poliois que constitúen unha clase de edulcorantes que comparten a característica química de exhibir o grupo funcional alcohol, -OH, repetidamente en todos os carbonos, e que derivan ou se preparan a partir de azucres. A súa fórmula xeral é HOCH2(CHOH)nCH2OH. A diferenza dos azucres, que adoitan ser aneis, os azucres-alcohois non, aínda que poden ser deshidratdos dando lugar a éteres cíclicos.

Encóntranse en alimentos de maneira natural e obtéñense industrialmente por hidroxenación do amidón ou da sacarosa de maneira que os grupos aldehido ou cetona se reducen a grupo alcohol quedando soamente grupos alcohol na molécula (poliois).

Propiedades e usos O seu poder edulcorante es xeralmente inferior ó da sacarosa. Presentan unha calor de disolución negativa maior que o da sacarosa polo que dan sensación de frescor na boca. Aínda que o seu poder enerxético coincide coa da sacarosa a súa baixa dixestibilidade fai que o poder calórico real sexa menor. Non provocan carie e modifican pouco os índices de glicosa e de insulina en sangue.

Consumidos en grandes cantidades, máis de 30-50 por día segundo o tipo, poden acosionar flatulencia e diarrea. Algúns dos azucres-poliois son monosacáridos hidroxenados, outros disacáridos hidroxenados. Tamén se empregan comercialmente mesturas de ambos os dous tipos. Os poliois de monosacáridos máis empregados son o sorbitol o manitol e o xilitol. Entre os de disacáridos o isomaltol, maltitol, lactitol. O xarope de glicosa hidroxenado presenta moléculas de glicosa hidroxenada con distinto grao de polimerización.

Dixestibilidade dos poliois Os azucres-alcohois son escasamente dixeridos e pouco absorbidos no intestino delgado. A pequena cantidade que pasa ó sangue, excrétase pola ouriña sen modificar ou, no fígado, pode dar lugar a pequenas cantidades de glicosa ou frutosa, polo que apenas modifican o índice de glicemia. A parte non absorbida absorbe auga no intestino delgado e chega ó colon en disolución que pode provocar diarrea. Os poliois fermentados pola flora intestinal do intestino groso dan lugar a gases que ocasionan flatulencias.

Se a inxestión de azucres-alcohois ten lugar en doses pequenas e progresivamente maiores dá lugar a unha adaptación da flora intestinal ós mesmos, co que diminúen os problemas causados pola flatulencia e a diarrea, ó tempo que aumenta a absorción dos mesmos e a súa achega calórica. Este feito é unha das causas de que non atopemos valores fiables para o poder calórico dos mesmos. O uso que se fai de azucres-alcohois en moitos alimentos pode facer que a cantidade total consumida dos mesmos rebase a cantidade tolerada polo organismo.

Dado que as diarreas poden ser moi perigosas nos nenos, xa que o seu pequeno tamaño corporal e constitución fainos moi sensibles á perda de líquidos, está contraindicado o seu consumo por nenos, especialmente se son menores de 3 anos. Os trastornos gastrointestinais que poden ocasionar en outras persoas, se son consumidos en exceso, non acostuman revestir gravidade.

Azucres-alcohois comúns Glicerol (3 carbonos) Eritritol (4 carbonos) Treitol (4 carbonos) Arabitol (5 carbonos) Xilitol (5 carbonos) Ribitol (5 carbonos) Manitol (6 carbonos) Sorbitol (6 carbonos) Galactitol (6 carbonos) Fucitol (6 carbonos) Iditol (6 carbonos) Inositol (6-carbonos; un azucre-alcohol cíclico) Volemitol (7 carbonos) Isomalt (12 carbonos) Maltitol (12 carbonos) Lactitol (12 carbonos) Maltotriitol (18 carbonos) Maltotetraitol (24 carbonos) Poliglicitol

Tanto os disacáridos coma os monosacáridos poden formar azucres-alcohois, pero os azucres alcohois derivados de disacáridos (por exempo, o maltitol e lactitol) non están enteiramente hidroxenados porque só está dispoñible un grupo aldehido para a redución.

Categoría:Poliois Categoría:Adozantes

de:Polyole fi:Polyoli fr:Polyol nl:Polyol pl:Alkohole polihydroksylowe