O Falkirk Football Club é un club de fútbol escocés da cidade de Falkirk. Foi fundado en 1876 e compite na Scottish First Division.

Historia A data de formación do club é obxecto de controversia, pero o ano 1876 é o usado polo propio Falkirk FC e polos seus seareiros como a data de referencia. O club rapidamente recibiu o alcume de The Bairns, que é un termo escocés co significado de "os nenos". Considerado un equipo de segunda fila, moi poucas veces estivo entre os grandes do fútbol escocés, a última delas dende 2005.

En xaneiro de 2009 ficha polo Falkirk FC o porteiro coruñés Dani MalloMallo Falkirk bound, Web do Falkirk FC, 16/1/2009.

Xogadores Cadro actual Datos do 24 de maio de 2010.

Datos do club Maior goleada conseguida: 12-1 contra o Laurieston FC, en partido de Copa, o 23 de setembro de 1893 Maior goleada encaixada: 1-11 contra o Airdrieonians, o 28 de abril de 1951 Máximo goleador: Dougie Moran, 86 tantos.

Palmarés Estes son os mellores resultados acadados polo Falkirk FC ao longo da súa historia: 2 veces campión da Copa escocesa, en 1913 e 1957. 2 veces campión da Copa Desafío en 2005 e 1998. 4 veces vencedor da Segunda división escocesa, en 1991, 1994, 2003 e 2005.

Notas

Categoría:Equipos de fútbol de Escocia Categoría:Equipos de fútbol fundados en 1876