Loudenvielle é un pequeno concello occitano, situado no departamento de Altos Pireneos, que pertence á rexión de Mediodía-Pireneos. Xeografía Loudenvielle é unha pequena aldea de 261 habitantes conforme o censo de 1999, situada na base dos Pireneos. A altitude do núcleo é de 960 m, pero nalgúns puntos o concello acada os 3.130 m. A extensión é de 42,65 km².

Loudenvielle está localizada no val de Louron, que lle dá nome á estación de esquí, e dentro do País de Aura e a 60 km de Banhèras. A estación de esquí de Val-Louron, localizada no concello, ten 18 pistas de esquí de fondo (15 km) e 11 remontes. Tamén próximo ao lugar de Loudenvielle está o lago de Génos, tamén chamado lago de Génos-Loudenvielle.

Historia Esta aldea e mais a estación de esquí foron meta de varias tiradas do Tour de Francia: AnoTiradaDistanciaCon comezo enVencedorLíder200715196 kmFoisAlexander Vinocurov Michael Rasmussen 200314192 kmSent GironçGilberto SimoniLance Armstrong19979182 kmPauLaurent BrochardCédric Vasseur

Véxase tamén Ligazóns externas Web da estación de esquí de Val Louron

Categoría:Estacións de esquí de Francia Categoría:Concellos do departamento de Altos Pireneos