Daniele Bennati, nado en Arezzo, Italia, o 24 de setembro de 1980, é un ciclista italiano, especializado en espríns.
Traxectoria deportiva miniatura|esquerda|Daniele Bennati
Faise profesional en 2002 ao fichar polo equipo italiano Acqua e Sapone, e nese mesmo ano obtén a súa primeira vitoria, unha tirada da Volta a Austria. Ao ano seguinte ficha polo conxunto Domina Vacanze-Elitron, e consegue tamén dúas tiradas menores, unha na Volta ao Mediterráneo e outra na Volta a Polonia.
En 2004 ficha polo conxunto suízo do Phonak Hearing Systems, pero bota gran parte da tempada enfermo e non obtén ningunha vitoria. Ao ano seguinte ficha xa polo Lampre-Coffita, e nesa tempada é convocado pola selección italiana para acudir aos mundiais de ciclismo en estrada. Despois vence na Volta á Toscana, en tres tiradas da Volta a Alemaña e en dúas da Volta a Polonia. Ademais, queda segundo, por detrás de Erik Zabel, na París-Tours.
E 2006, co equipo mudado a Lampre-Fondital, vence no Memorial Marco Pantani e na Volta ao Piemonte, ademais de conseguir unha tirada na Volta á Comunidade Valenciana, unha na Volta a Cataluña e dúas máis na Volta a Polonia, entre outras carreiras menores. En 2007 consegue dúas vitorias de tirada no Tour de Francia, con chegada á vila de Los Sarrasins e a final en París e unha na Volta a España.
Características esquerda|300px|miniatura|De amarelo na meta (Santiago) da 2ª tirada da Vuelta a España É un corredor alto, de 1,84 m e cun peso de 73 kg, especialista en espríns e particularmente naqueles onde non participan demasiados corredores.
Principais vitorias 1 tirada no Tour de Francia 2007 1 tirada na Vuelta 2007, a tirada con saída e chegada en Vigo. 5 tiradas na Volta a Polonia, en 2003, 2005 e 2006 3 tiradas na Volta a Alemaña 2005 O Memorial Marco Pantani do ano 2006 A Volta ao Piemonte en 2006 1 tirada da Volta a Cataluña en 2006 4 tiradas da Volta á Comunidade Valenciana en 2006 e 2007.
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial do ciclista
Bennati, Daniele Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en Arezzo Categoría:Gañadores de etapa no Tour de Francia