A ponte Sigüeiro ou ponte de Sigüeiro é unha construción de cantería sobre o río Tambre, que une os concellos de Santiago de Compostela e Oroso.

Trátase dunha ponte de cantaría do século XIV que foi construída por orde de Fernán Peres de Andrade, O Boo, e modificada no século XV. Atópase na estrada N-550 A Coruña-Santiago de Compostela.

Nas proximidades da ponte tivo lugar o enfrontamento entre as tropas do goberno español e os sublevados dirixidos polo coronel Miguel Solís en 1846, que rematou coa derrota destes últimos e co seu fusilamento en Carral.

Galería

Notas

Sigüeiro Categoría:Oroso Categoría:Arquitectura civil en Santiago de Compostela