Chaka Khan, cantante estadounidense nada en Great Lakes, Illinois o 23 de marzo de 1953 co nome de Yvette Marie Stevens. Na súa mocidade colaborou co programa de almorzos gratuítos para nenos dos Panteras Negras. É nesa época cando toma o nome de Chaka, en homenaxe a figuras históricas da negritude como Chaka Bey ou Shaka dos zulús. Despois de abandonar a escola en 1969 pasará por distintos grupos até que coñece a Kevin Murphy e André Fisher e deciden formar o grupo Rufus. Nese anos casa co baixista Hassam Khan, adoptando o seu apelido.
Rufus debuta en 1973 e ten un rápido éxito na escena funk da época. Cando se separan en 1978 teñen na súa conta media ducia de álbums de ouro ou de platino.
A partir de 1978 Chaka Khan comeza a súa carreira en solitario co hit "I'm Every Woman". Dende entón a súa carreira atinxiu multitude de estilos como o funk, disco, jazz, hip hop, pop e blues.
Discografía en solitario
1978 Chaka 1980 Naughty 1981 What Cha' Gonna Do For Me 1982 Echoes Of An Era 1982 Chaka Khan 1984 I Feel For You 1986 Destiny 1988 C.K. 1989 Life Is A Dance: The Remix Project 1999 The Woman I Am 1995 Dare You To Love Me 1996 Epiphany: The Best Of Chaka Khan Vol.1 1998 Come 2 My House 1999 Dance Classics Of Chaka Khan (Edición só para o Xapón) 2004 ClassiKhan 2006 The Platinum Collection 2007 Funk This
Categoría:Nados en Illinois Categoría:Nados en 1953 Categoría:Cantantes de Illinois Categoría:Estadounidenses de ascendencia africana