Antero Rubín Homent, nado en Redondela o 15 de febreiro de 1851 e finado en Ourense o 1 de maio de 1935, foi un xeneral e político coñecido pola súa longa carreira en Cuba. Loitou na Guerra de Cuba, foi elixido deputado nas Cortes Xerais polo distrito de Quiroga, en Lugo en 1914 e durante a lexislatura dos anos 1921-1922 foi senador electo pola provincia de Zamora.
Traxectoria O seu pai, Evaristo Rubín, foi un oficial de carreira que combateu con distinción baixo as ordes do Xeneral Joan Prim i Prats na Guerra de África. Antero Rubín ingresou de xeito voluntario no exército o 11 de maio de 1868 e aos dezaseis anos foi para Cuba co exército, de onde volveu aos poucos anos tras ascender ao rango de tenente. Estudou en Redondela, Vigo, Pontevedra e Santiago de Compostela. miniatura|Rubín promoveu unha actualización da Carta geométrica de Fontán "...con el trazado de ferro-carriles y carreteras kilometradas", en 1917.O Mapa de Fontán. Peza do mes, xaneiro 2017 Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. En 1869, xa como cabo segundo, partiu cara Cuba unha vez máis. En 1895, cando estaba destinado en Tui como xefe da comandancia militar, volveu ser enviado a Cuba para defender os intereses españois. Co batallón Granada, composto por 700 homes, fixo fronte a unha insurrección en Potrero de las Varas o 24 de setembro de 1895. O seu triunfo valeulle diversas condecoracións pero tamén foi ferido. Unha vez recuperado asumiu as comandancias militares de Cienfuegos e Bayano. En 1897 participou nos combates de Santa Fé, El Revolcadero e Lomas del Viento, entre outros. Xa no ano 1898 participou en batallas como as de Quemado e Guanacoa. Os días 22, 23 e 24 de xuño tomou parte nas batallas contra os estadounidenses (Batallas das Guásimas). O 1 de xullo presenciou a capitulación de Santiago de Cuba.
O 14 de febreiro de 1898 a raíña rexente María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias ascendeuno a xeneral de brigada. En 1901 pasaría a ser gobernador civil de Oviedo. En 1908 foi ascendido a xeneral de división e en decembro de 1916 a tenente xeneral. En 1917 foi nomeado Capitán Xeneral de Galicia tras ter dirixido os gobernos militares da Coruña, Zaragoza e Bilbao. Pasou á reserva en 1923.
Un cuartel de artillaría no barrio de Campolongo na cidade de Pontevedra, xa desaparecido, levou o seu nome (Acuartelamiento General Rubín), neses terreos hai agora vivendas, a cidade administrativa da Xunta de Galicia e un club deportivo militar. Unha avenida de Pontevedra no mesmo barrio de Campolongo leva o seu nome desde 1918.
Vida persoal
Casou con Alexandra Ulloa Sotelo (f. 1966).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Guerra hispano-estadounidense Ligazóns externas Biografía Ficha no Congreso Ficha no Senado
Categoría:Militares de Galicia Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Nados en Redondela Categoría:Capitáns Xenerais de Galicia Categoría:Nados en 1851 Categoría:Finados en 1935