Retagarda edicións foi unha editorial galega que desenvolveu a súa breve actividade durante o ano 2000. Traxectoria Nacida como un proxecto dos escritores Eduardo Estévez, Rafa Villar e Estevo Creus, a editorial caracterizábase por dedicarse en exclusiva á edición dixital, baixo formato diskette o que favorecía uns prezos populares. O precario estado da lectura en formato dixital, xunto co momento tecnolóxico escollido (en plena expansión de Internet e no ocaso do diskette como formato), provocaron, xunto con outras causas, a fin da súa actividade. Algunha das súas obras foron reeditadas con posterioridade en novos formatos dixitais para a súa difusión gratuíta na rede.
Obras publicadas
O libro dos cans, Estevo Creus, 2000. Ícaro, Rafa Villar, 2000. Os veos da paisaxe, Eduardo Estévez, 2000.
Véxase tamén Ligazóns externas "Nace Retagarda Edicións" "Retagarda Edicións mostrou os formatos de vangarda da nova poesía"
Categoría:Editoriais de Galicia desaparecidas