"Doma y castración del Reino de Galicia" é unha expresión referida por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao como orixinaria de Zurita, así como un lugar común da historia de Galiza.
Historia da expresión miniatura|Mapa histórico que recolle os territorios e reinos en posesión dos Reis Católicos arredor do ano 1500. Destacan raiados últimos reinos sometidos ou anexionados polos monarcas castelán-aragoneses|alt=|300x300px A expresión parte dun discurso parlamentario sobre o Proxecto de Constitución:
Está baseado, á súa vez, no texto contido nos Anales de Aragón do devandito Jerónimo Zurita, cando no capítulo LXIX do Libro XX, titulado "Que o conde de Lemos entregou ao rei a fortaleza de Ponferrada; e da ida do rei a Galicia para asentar as cousas da xustiza"No orixinal en castelán é "Que el conde de Lemos entregó al rey la fortaleza de Ponferrada; y de la ida del rey a Galicia para asentar las cosas de la justicia". di:
Malia que aquel foi o primeiro uso da expresión rexistrado, foi o comentario feito en Sempre en Galiza o que marcou a xeracións de galeguistas:
"Escoitade o que di Santillana: "..non há mucho tiempo cualesquier decidores é trovadores destas partes, agora fuesen castellanos, andaluces o de la Estremadura, todos sus obras componian en lengua gallega o portuguesa". Foi preciso executar a "doma y crastración de Galicia" para que enmudéceramos; pero a nosa lingoa sigueu frorecendo en Portugal, e o pobo galego non quixo esquecela."A. Rodríguez Castelao: Sempre en Galiza, 2ª edición Galaxia, Vigo, 1986, páxina 47
Tanto o ambiguo do texto como as interpretacións posteriores darían lugar a unha confusión en que se xuntaron nun único acto de "doma y castración" un conxunto de feitos separados e que non todos foran influenciados polos Reis Católicos:
O declive da literatura galego-portuguesa de arredor do ano 1350 A centralización administrativa e o control do Reino de Galiza que se dá como finalizada, esta si, coa viaxe a Santiago de Compostela dos Reis Católicos en 1486. A asunción do castelán como lingua das clases altas e da administración comezada xa no século XIII e que foi avanzando paulatinamente en diversos campos e aínda non rematou.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Anales de la Corona de Aragón (versión electrónica)
Categoría:Historia de Galicia Categoría:Castelao