miniatura|Monumento a Unamuno en Salamanca. Miguel de Unamuno y Jugo, nado en Bilbao o 29 de setembro de 1864 e finado en Salamanca o 31 de decembro de 1936, foi un escritor e filósofo vasco. Na súa obra cultivou unha gran variedade de xéneros literarios, como dicía Ramón Pérez de Ayala: "Con tal orixinalidade como se se tratase literalmente de 'xéneros', que el cortaba e empregaba ao seu antollo".

Traxectoria Nado na rúa Ronda da zona antiga de Bilbao, Miguel de Unamuno era o terceiro fillo e o primeiro home, despois de María Felisa e María Jesusa. Todos eles nados do matrimonio entre o comerciante Félix de Unamuno e a súa sobriña carnal, Salomé Jugo. Máis adiante nacerían Félix, Susana e María Mercedes. Ós dez anos de idade, ao rematar os seus primeiros estudos no colexio de San Nicolás, e dispoñerse a entrar no instituto, asistiu como testemuña ao asedio da súa cidade durante a terceira guerra carlista (o que logo reflectiría na súa primeira novela, "Paz na guerra").

Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Madrid, obtendo a cualificación de Sobresaínte en 1883, ós dezanove anos. Ó ano seguinte, doutorouse cunha tese sobre a lingua vasca: Crítica do problema sobre a orixe e prehistoria da raza vasca, na que anticipa a súa idea sobre a orixe dos vascos, idea contraria ás afirmacións do nacionalismo vasco que loitaba en favor dunha raza vasca non contaminada por outras razas.

En 1885 comezou a traballar nun colexio como profesor de latín e psicoloxía e publicou un artigo titulado "Del elemento alienígena en el idioma vasco", e outro costumista, "Guernica", medrando a súa colaboración en 1886 co Noticiero de Bilbao.

miniatura|esquerda|Bandeiras de Bilbao e flores vermellas e brancas na homenaxe a Miguel de Unamuno, na Praza Unamuno, a uns cen metros da casa natal do escritor, na zona antiga de Bilbao.

En 1888, presentouse á cátedra de psicoloxía, lóxica e ética do Instituto de Bilbao, convocada pola Deputación de Biscaia, xunto con Sabino Arana e o poeta Resurrección María de Azkue, sendo adxudicada a praza ó derradeiro.

Polemizou con Arana, o cal comezaba a súa actividade nacionalista, xa que consideraba a Unamuno como vasco máis "españolista" debido a que Unamuno, que xa escribira algún texto en éuscaro, consideraba que ese idioma estaba próximo a desaparecer e que o bilingüismo non era posible. "O éuscaro e o castelán son incompatibles dígase o que se queira, e se caben individuos non caben pobos bilingües. É este do bilingüismo un estado transitorio".

En 1889 preparou outras oposicións e viaxou á Suíza, Italia e Francia, onde se estaba a celebrar a Exposición Universal, onde se inaugurara a torre Eiffel. O 31 de xaneiro de 1891 casou con Concha Lizárraga, da cal levaba namorado dende neno. Ese mesmo ano adicou os meses invernais á preparación dunhas oposicións para unha cátedra de grego na Universidade de Salamanca, a cal conseguiu. Con motivo desas oposicións, iniciou amizade co granadino Ángel Ganivet, amizade que medraría ata o suicidio daquel en 1898. En 1901 foi nomeado reitor da Universidade de Salamanca. Como tal, foi homenaxeado en Pontevedra o 20 de agosto de 1912 co gallo da celebración duns Xogos Florais, na leira de Perfecto Feijoo.

O 11 de outubro de 1894 ingresou na Agrupación Socialista de Bilbao e colaborou no semanario Lucha de clases desa cidade, deixando o partido socialista en 1897 ao sufrir unha grande depresión persoal. En 1914 o ministro de Instrución Pública destituíuno do reitorado por razóns políticas, converténdose Unamuno en mártir da oposición liberal. En 1920 foi elixido polos seus compañeiros decano da Facultade de Filosofía e Letras, e foi condenado a dezaseis anos de cadea por inxurias ao rei Afonso XIII, aínda que a sentenza non chegou a se cumprir.

En 1921 foi nomeado vicerreitor, sendo novamente destituído polos seus constantes ataques ao rei e ao ditador Primo de Rivera, polo que foi exiliado á illa de Fuerteventura en febreiro de 1924. O 9 de xullo dese mesmo ano foi indultado, mais el decidiu exiliarse voluntariamente a Francia; primeiro a París e, ao pouco tempo, a Hendaia, no País Vasco francés, ata 1930, ano no que cae o réxime de Primo de Rivera. Á súa volta a Salamanca, entrou na cidade cun forte recibimento.

Nas eleccións do 12 de abril de 1932, Miguel de Unamuno presentouse candidato a concelleiro pola alianza republicano-socialista, sendo elixido. O 14 de abril dese mesmo ano, foi el mesmo quen proclamou na cidade a República. Dende o balcón do concello, o filósofo declarou que "comeza unha nova era e remata unha dinastía que nos empobreceu, degradou e aparvou". A República repúxoo no cargo de Reitor da Universidade de Salamanca. Máis adiante presentouse ás eleccións a Cortes, sendo elixido como deputado independente pola candidatura da alianza republicano-socialista na provincia de Salamanca. Porén, o escritor e intelectual, que en 1931 dixera que contribuíra máis que ningún outro español —coa súa pluma, coa súa oposición ao rei e ao ditador, co seu exilio...— á chegada da República, comezou a desencantarse.

En 1933 decidiu non presentarse á reelección. Ao ano seguinte xubilouse da súa actividade docente, sendo nomeado Reitor vitalicio, a título honorífico, da Universidade de Salamanca, a cal crea unha cátedra co seu nome.

En 1935 foi nomeado cidadán de honor da República. Froito do seu desencanto, expresou publicamente as súas críticas á reforma agraria, á política relixiosa, á clase política, ao goberno, a Azaña...Fernando García de Cortázar, «Los mitos de la Historia de España», capítulo «La tercera España», pg. 294-295, ISBN 84-08-05714-6.. miniatura|230px|Universidade de Salamanca, da que Unamuno foi reitor. Tralo comezo da guerra civil, Miguel de Unamuno apoiou inicialmente os sublevados. Unamuno quixo ver nos militares alzados un conxunto de rexeneracionistas autoritarios dispostos a endereitar o país. Cando o 19 de xullo a práctica totalidade do consistorio salmantino é destituída polas novas autoridades e substituída por persoas afíns, Unamuno acepta a acta de concelleiro que lle ofrece o novo alcalde, o comandante del Valle. No verán de 1936 fixo un chamamento ós intelectuais europeos para que apoien os sublevados, declarando que representaban a defensa da civilización occidental e da tradición cristiá. Despois de ser destituído por Manuel Azaña, o goberno sublevado de Burgos repono de novo no cargo. Porén, o entusiasmo pola sublevación pronto se tornou en desengano, especialmente ante o cariz que toma a represión en Salamanca. Nos seus petos amoréanse as cartas de mulleres de amigos, coñecidos e descoñecidos, que lle piden que interceda polos seus maridos encarcerados, torturados e fusilados. A finais de xullo do 36, os seus amigos salmantinos, Prieto Carrasco, alcalde republicano de Salamanca e José Andrés y Manso, deputado socialista, foran asasinados, xunto o seu alumno predilecto e reitor da Universidade de Granada, Salvador Vila. No cárcere atopábanse os seus íntimos amigos o doutor Filiberto Villalobos e o xornalista José Sánchez Gómez, este agardando a ser fusilado. O seu tamén amigo, o pastor protestante Atilano Coco, atopábase baixo ameaza de morte. A comezos do mes de outubro, Unamuno visitou a Franco no pazo episcopal para suplicarlle inutilmente clemencia para os seus amigos presosPaul Preston, «Franco», capítulo 7 «La forja de un Caudillo: agosto-novembro de 1936», px. 242-243, ISBN 84-397-0241-8..

O 12 de outubro de 1936 Unamuno arrepentiuse publicamente do seu apoio á sublevación. Durante o acto de comezo do curso académico (que coincidía coa celebración da "Festa da Raza"), no Paraninfo da Universidade, e despois dunha serie de discursos atacando a "anti-España", ao pechar o acto como reitor, Unamuno fixo un discurso improvisado, criticando duramente como se estaba a levar a rebelión, sentenciando ao rematar: "Venceredes, pero non convenceredes. Venceredes porque tedes sobrada forza bruta; pero non convenceredes, porque convencer significa persuadir. E para persuadirdes necesitades algo que vos falta: razón e dereito na loita.". Tralo seu discurso, o xeneral José Millán-Astray (o cal sentía unha profunda inimizade por Unamuno, acusándoo de corrupción), berroulle "A min a Lexión", "viva a Morte" (lema da Lexión) e "abaixo a intelixencia"; a isto, Unamuno contestoulle "viva a vida" (case un insulto á Lexión). A continuación o xeneral levantouse, e José María Pemán tratou de aclarar: "¡Viva a intelixencia! ¡Morran os malos intelectuais!". A dona de Franco, Carmen Polo, tomou do brazo a Miguel e acompañouno á súa casa, xunto a súa garda persoalPaul Preston, «Las tres Españas del 36», capítulo 2 «José Millán Astray. El novio de la muerte», px. 91-92, ISBN 84-01-54068-2.. Ese mesmo día, a corporación municipal reuniuse de xeito segredo expulsando a Unamuno. Trala súa expulsión, o causante, o concelleiro Rubio Polo, declarou:

O 22 de outubro, Franco asinou o decreto de destitución de Unamuno como reitor.Un documento excepcional: o manifesto de Unamuno a finais de outubro-comezos de novembro de 1936 , por Manuel María Urrutia, da Universidade de Deusto.

Os derradeiros días de vida de Miguel de Unamuno (de outubro a decembro de 1936) pasounos baixo arresto domiciliario na súa casa, nun estado, en palabras de Fernando García de Cortázar, de resignada desolación, desesperación e soidade.

Entrevista mantida co xornalista francés Jérôme Tharaud (común e erroneamente atribuída ao escritor grego Nikos Kazantzakis) entre os días 20 e 21 de outubro:

Entrevista feita días despois, nesta ocasión si con Kazantzakis:

miniatura|Praza de Unamuno, no seu barrio natal, durante a homenaxe anual que lle rende o Concello de Bilbao.

Carta do 21 de novembro de 1936 a Lorenzo Guisso:

O 31 de decembro de 1936 morreu Miguel de Unamuno, de xeito repentino, na súa casa de Salamanca, no transcurso da conversa vespertina que mantiña regularmente cun par de amigos. A pesar da súa virtual reclusión, no seu funeral foi exaltado como un heroe falanxista. Trala súa morte, Antonio Machado escribiu:

Narrativa A obra narrativa de Unamuno, en orde cronolóxica, é a seguinte: miniatura|La tía Tula foi, en 1969, o n.º 1 da Biblioteca Básica Salvat. Paz en la guerra (1895), obra na cal emprega o contexto da terceira guerra carlista (que coñeceu na súa nenez) para expor a relación do eu co mundo, condicionado polo coñecemento da morte; Amor y pedagogía (1902), obra que une o cómico e o tráxico nunha redución ao absurdo da socioloxía positivista; Recuerdos de niñez y mocedad (1908) é unha obra autobiográfica. Nela o autor vasco reflexiona sobre os primeiros anos da súa vida en Bilbao. Niebla (1914), obra clave de Unamuno, caracterizada por el co nome de Nivola para separala da suposta forma fixa da novela. El espejo de la muerte (1913), un libro de contos de valor desigual. En 1917 escribe Abel Sánchez, onde inviste o tópico bíblico de Caín e Abel para presentar a anatomía da envexa; Tulio Montalbán (1920) é unha novela curta sobre o problema íntimo da derrota da personalidade verdadeira pola imaxe pública do mesmo home. En 1920 publícanse tres novelas curtas cun prólogo de grande importancia: Tres novelas ejemplares y un prólogo. A súa derradeira narración extensa é La tía Tula (1921), onde se presenta o anhelo da maternidade xa bosquexado en Amor y pedagogía e en Dos madres. Teresa (1924) é un cadro narrativo que contén rimas becquerianas, logrando en idea e en realidade a recreación da amada. Como se hace una novela (1927) é a autopsia da novela unamuniana. En 1930, Unamuno escribe as súas derradeiras novelas: San Manuel bueno, mártir e Don Sandalio, jugador de ajedrez.

Nivola