San Paulo de Río Barba é unha parroquia do concello do Vicedo, na comarca da Mariña Occidental, na provincia de Lugo. En 2007 tiña 140 habitantes, 82 menos ca en 1991.

Limita ao norte coas Ribeiras do Sor (Mañón), As Negradas e Mosende; ao sur con Cabanas; ao leste con Mosende e Covas (Viveiro) e ao oeste con Mañón.

A igrexa parroquial foi mandada construír por Fernán Pérez de Andrade, O Boo a finais do século XIV, conservando aínda a insignia deste nobre medieval, o porco bravo, igual que ocorre na igrexa de Santa María de Cabanas, tamén no Vicedo. O pórtico é de data moi posterior. É de planta rectangular, fabricada con muros de cantería e lousa, e con cuberta de lousa.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Río Barba

Parroquias do Vicedo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares do Vicedo

Categoría:Parroquias do Vicedo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Paulo