O copretérito ou pretérito imperfecto de indicativo é un tempo verbal que expresa coincidencia temporal respecto a un referendo pasado. O referendo pode ser achegado mesmo por un adverbio.
Morfoloxicamente está por unha raíz, unha vogal temática, un sufixo modo-temporal e un sufixo de número e persoa. O sufixo modo-temporal é o morfema "ba" no caso da primeira conxugación e o morfema "a" no caso da segunda e terceira conxugación verbal.
Valores do copretérito de indicativo Durativo e habitual: Sempre xantabamos tarde. Narrativo: O narrado áchase nun pasado vago: Era unha fadiña tristeira. Acción habitual no pasado: Os mércores adestrabamos xuntos. Contemporaneidade no pasado: Entón, sentiamos unhas pegadas arrepiantes. Intemporalidade no pasado: Cando cheguei a vello, deime de conta de que a vellez era un inverno. Prospección dende o pasado: Comentoume que emigraba ó mes seguinte. Modal: Valor de cortesía: Perdoe, quería comentarlle... Intención expresiva: Comíao a bicos!
Formas
andaba varría partía andabas varrías partías andaba varría partía andabamos varriamos partiamos andabades varriades partiades andaban varrían partían Notas
Categoría:Tempo verbal