O futuro de indicativo é un dos tempos verbais. Caracterízase por, ademais de posuír vogal temática, por ter un sufixo modo-temporal "ré" ou "rá".
O futuro de indicativo é real en canto ó modo e prospectivo a partir dun momento presente.
Valores do futuro de indicativo Probabilidade no presente: Coido que non se aviarán. Simple futuridade: Farei o exame agora (neste caso conmutable polo presente de indicativo por mor da presenza do adverbio). Futuridade e obrigatoriedade: Aprenderás a sufrir. Retrospectivo: pode indicar accións do pasado: Castelao morrerá exiliado en 1950 Cortesía: en enunciados imperativos pode ter un valor atenuamente: Farasme este favor? Irónico: en contextos coloquiais con valor de negación: Estás moi convencida de conseguilo. Conseguirás Argumentativo: como recurso discursivo nunha argumentación referido ao momento da enunciación: Pensaredes que é un erro, mais vou demostrar que non Formas
andarei varrerei partirei andarás varrerás partirás andará varrerá partirá andaremos varreremos partiremos andaredes varreredes partiredes andarán varrerán partirán
Categoría:Tempo verbal