O 20 de xullo é o 201º día do ano do calendario gregoriano e o 202º nos anos bisestos. Quedan 164 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1810 - Colombia declara a súa independencia de España. 1936: en España, o xeneral José Sanjurjo, que ía encabezar o levantamento militar que desencadeou a guerra civil española, morre en accidente de aviación cando regresaba desde Lisboa a Madrid. 1954 - Camboxa tórnase independente. 1969 - A Apolo 11 pousa na Lúa. Neil Armstrong é o primeiro home a pisar o solo lunar. 1976 - A sonda Viking I estadounidense pousa no chan de Marte.

Nacementos miniatura|100px|Gregor Mendel. 1304 - Francesco Petrarca, escritor e humanista italiano (m. 1374). 1822 - Gregor Mendel, monxe agostiño e naturalista (m. 1884). 1830 - José Montero Ríos, médico e político galego (m. 1890). 1864 - Erik Axel Karlfeldt, poeta sueco (m. 1931). 1925 - Frantz Fanon, psicólogo e escritor francés de Martinica (m. 1961). 1927 - Constantino García, lingüista e escritor galego (m. 2008). 1932 - Josefa de Bastavales, pandeireteira galega. 1947 - Carlos Santana, músico mexicano. 1955 - Arsenio Fernández de Mesa, político galego. 1964 - Chris Cornell, músico estadounidense. 1966 - Stone Gossard, músico estadounidense. 1980 - Gisele Bündchen, modelo brasileira

Mortes miniatura|100px|Guglielmo Marconi. 1857 - Xosé María Díaz Sanxurxo, santo galego. 1866 - Bernhard Riemann, matemático alemán (n. 1826). 1908 - Federico Chueca, compositor español (n. 1846). 1936 - Francisco Ascaso, militante anarcosindicalista aragonés da CNT (n. 1901) 1937 - Guglielmo Marconi, inventor da radio. 1937 - Jesús Prósper Ros, político español. 1951 - Narciso Correal, escritor galego (n. 1876). 1973 - Bruce Lee, actor. 1992 - Manuel Fabeiro Gómez, historiador e escritor galego (n. 1916). 2009 - Ricardo Pérez Medín, político galego (n. 1908). 2011 - Lucian Freud, pintor xermano-británico (n. 1922).

Festas e celebracións

Outros Santoral: Santos Elías e Eliseu. Santo Galego: San Xosé María Díaz Sanxurxo.

Os 366 días do ano

Categoría:Xullo