O 23 de xullo é o 204º día do ano do calendario gregoriano e o 205º nos anos bisestos. Quedan 161 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1781 - Parte de Cádiz unha escuadra da Mariña española para responder a toma de Menorca por parte de Inglaterra. 1952 - O xeneral Muhammad Naguib lidera os Oficiais Libres (liderados por Gamal Abdel Nasser) na deposición do rei Faruk de Exipto. 1969 - Franco designa á sucesión da coroa a Xoán Carlos de Borbón, príncipe de España, diante das Cortes españolas. 1972 - Lánzase o primeiro dos satélites Landsat. A científica Valerie Thomas supervisou o desenvolvemento dos primeiros programas de procesamento das imaxes de Landsat. 1976 - Toma de posesión do primeiro goberno constitucional de Portugal, con Mário Soares como Primeiro Ministro. 1995 - Miguel Indurain convértese no primeiro corredor en obter cinco Tours de Francia consecutivos.

Nacementos miniatura|100px|Afonso X. 1221 - Afonso X, rei de Castela e León. 1881 - José Sabucedo Morales, avogado e político galego (m. 1937). 1886 - Salvador de Madariaga, escritor e diplomático galego. 1888 - Raymond Chandler, escritor estadounidense (m. 1959). 1892 - Haile Selassie, emperador da Etiopía (m. 1975). 1906 - Vladimir Prelog, químico bosníaco (m. 1998). 1933 - Richard Rogers, arquitecto británico. 1942 - Luís Daviña Facal, científico galego. 1945 - Carlos Pajares, físico español. 1954 - Ana Botella, política española. 1962 - Antonio Concheiro Coello, farmacéutico e político galego. 1977 - Judit Polgár, xadrecista húngara. 1989 - Daniel Radcliffe, actor británico.

Mortes miniatura|100px|Domenico Scarlatti. 1757 - Domenico Scarlatti, compositor italiano (n. 1685). 1794 - José Varela Ulloa, mariño e cartógrafo galego (n. 1739). 1890 - Telesforo Ojea Somoza, xurista, xornalista e político galego (m. 1858). 1957 - Giuseppe Tomasi di Lampedusa, escritor italiano (n. 1896). 1963 - Gonzalo López Abente, escritor galego (n. 1878). 1976 - Paul Morand, escritor francés. 1999 - Hassan II, rei de Marrocos. 2011 - Amy Winehouse, cantante británica (n. 1983). 2012 - Esther Tusquets, editora e escritora catalá (n. 1936).

Festas e celebracións

Outros Santoral: Santas Bríxida e Zaida.

Os 366 días do ano

Categoría:Xullo