O 28 de xullo é o 209º día do ano do calendario gregoriano e o 210º nos anos bisestos. Quedan 156 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1794 - Guillotinan a Maximilien de Robespierre e a Louis Antoine de Saint-Just dando fin a súa etapa de goberno coñecida habitualmente coma "O Terror". 1821: en Lima (Perú), o xeneral arxentino José de San Martín proclama a Independencia do Perú. 1893 - Inaugúrase a Ponte de Biscaia ou Ponte de Portugalete, unha ponte con barca transbordadora que une Portugalete e Getxo, nas dúas ribeiras da ría do Nervión en Biscaia Calendario 2014 MUNCYT.. 1914 - Comezo da primeira guerra mundial 1989 - Stephen P. Synnott e o equipo de imaxes da sonda espacial Voyager 2, descobren as lúas Despina e Galatea do planeta Neptuno, a partir de imaxes tomadas pola propia sonda; a data do descubrimento é unha especie de media, xa que no anuncio do descubrimento (feito o 2 de agosto do 1989) só se fala de "10 fotogramas tomados en 5 días", resultando así que a data inicial do descubrimento fora algún que outro día antes do 28 de xullo. 2022- Día da Sobrecapacidade da Terra, os recursos naturais dispoñíbeis para todo o ano 2022 esgotáronse nesta data.

Nacementos miniatura|100px|Ludwig Feuerbach. miniatura|100px|Emiliano Iglesias. miniatura|100px|Xia Peisu. 1804 - Ludwig Feuerbach, filósofo alemán (m. 1872). 1836 - Canuto Berea Rodríguez, empresario, músico e político galego (m. 1891). 1840 - Edward Drinker Cope, paleontólogo e anatomista estadounidense (m. 1897). 1859 - Xesús Rodríguez López, médico e escritor galego (m. 1917). 1878 - Emiliano Iglesias, político galego (m. 1941). 1887 - Marcel Duchamp, artista e pintor francés (m. 1968). 1902 - Karl Popper, filósofo da ciencia austríaco (m. 1994). 1923 - Xia Peisu,informática chinesa (m. 2014). 1927 - John Ashbery, escritor estadounidense (m. 2017). 1949 - Randall Wallace, guionista, produtor e director estadounidense. 1951 - Santiago Calatrava, arquitecto español. 1951 - Alfredo Pérez Rubalcaba, político cántabro. 1954 - Hugo Chávez, militar e político venezolano (m. 2013).

Mortes miniatura|100px|Maximilien de Robespierre. 1655 - Cyrano de Bergerac, escritor francés (n. 1619). 1741 - Antonio Vivaldi, sacerdote e compositor veneto (n. 1678). 1794 - Maximilien de Robespierre, líder da Revolución Francesa (n. 1758). 1930 - Allvar Gullstrand, oftalmólogo sueco (n. 1862). 1968 - Otto Hahn, químico alemán (n. 1879). 1994 - Ernesto Guerra da Cal, filólogo e escritor galego. 1996 - Manuel Beiras, intelectual e político galeguista (n. 1904). 2013 - Ersilio Tonini, cardeal italiano.

Festas e celebracións Día Mundial contra a Hepatite

En 2022 estableceuse o 28 de xullo como o Día da Sobrecapacidade da Terra, para denunciar que nesa data se consideran esgotados os recursos naturais que se deberían ter consumido ó longo de todo o ano. Quere dicir que a humanidade, como media, necesitaría 1,75 planetas para satisfacer a súa demanda de recursos naturais..

Outros Santoral: Santos Catarina, Celso, Nazario e Sansón.

Notas

Os 366 días do ano

Categoría:Xullo