O 31 de decembro é o 365º día do ano do calendario gregoriano e o 366º nos anos bisestos. É o derradeiro día do ano.
Acontecementos 406 - Os vándalos cruzan o río Rin para invadir a Galia. 1229 - As tropas do rei Xaime I de Aragón toman ao asalto a cidade de Palma, que posuían os árabes. 1502 - Para se librar dos seus inimigos (entre eles, Oliverotto de Fermo), César Borgia convídaos ao seu palacio de Senigallia para despois asasinalos. 1937 - O presidente filipino Manuel Quezon oficializa o tagalo como lingua nacional. 1958 - Fuga do antigo ditador cubano Fulgencio Batista (no final do día) 1968 - Voo do primeiro avión comercial supersónico: o Tupolev Tu-144 1991 - Disólvese a Unión Soviética 1995 - Publicada a última tira da banda deseñada Calvin e Hobbes. 1999 - Tratado Torrijos-Carter: os Estados Unidos transfiren o control do Canal de Panamá e de todas as áreas do que fora até entón a Zona do canal do Panamá ao Panamá. 1999 - Vladimir Putin asume a presidencia interina da Rusia pola renuncia de Boris Eltsin ao cargo. 1999 - Realízase a primeira superproducción de televisión en alta definición titulada O Día do Milenio. 2001 - A peseta española e outras moedas europeas deixan de cotizar e son substituídas polo euro 2004 - A CRTVG incorpórase a unha nova plataforma de distribución de televisión parella a banda larga de Internet. Trátase da inclusión das emisións do canal internacional Galicia Televisión en Imagenio, patrocinada polo Grupo Telefónica. 2008 - O Boletín Oficial do Estado deixa de publicarse en papel, sendo accesible a partir desta data unicamente por Internet.
Nacementos miniatura|100px|Henri Matisse. miniatura|100px|Psy. 1491 - Jacques Cartier, explorador francés (m. 1557). 1514 - Andreas Vesalius, anatomista belga (m. 1564). 1720 - Charles Edward Stuart, pretendente ao trono da Inglaterra e Escocia (m. 1788). 1828 - Fitz-James O'Brien, escritor irlandés (m. 1862) 1869 - Henri Matisse, pintor francés (m. 1954). 1897 - Xosé Núñez Búa, escritor e intelectual galego (m. 1981) 1908 - Simon Wiesenthal, arquitecto austríaco e "cazador" de nazis (m. 2005). 1909 - Ramón Esturao Calvo, militar e político galego (m. 2002). 1924 - Tino Grandío, pintor galego (m. 1977). 1937 - Anthony Hopkins, actor galés. 1943 - Ben Kingsley, actor inglés. 1947 - Rita Lee, cantante e compositora brasileira. 1948 - Donna Summer, cantante estadounidense (m. 2012). 1959 - Val Kilmer, actor estadounidense (m. 2025). 1977 - Psy, cantante Coreano. 1987 - Berta Dávila, escritora galega.
Mortes miniatura|100px|Marshall McLuhan. miniatura|100px|Ricky Nelson. 192 - Cómodo, emperador romano (n. 161). 335 - Silvestre I, papa. 1384 - John Wyclif, teólogo inglés. 1460 - Ricardo, Duque de York, executado despois da Batalla de Wakefield. 1691 - Robert Boyle, físico inglés (n. 1627). 1812 - Benito Plá Cancela, avogado, escritor e político galego (m. 1874). 1936 - Miguel de Unamuno, escritor e filósofo español (n.1864). 1936 - Manuel Calvelo López, médico e político galego (n. 1904). 1936 - José Fandiño Pidre, industrial e político galego (n. 1902). 1936 - Antonio Blanco Solla, político galego (n. 1897). 1954 - Francisco Martínez Leira, guerrilleiro antifranquista galego (n. 1916). 1980 - Marshall McLuhan, intelectual canadense (n. 1911). 1985 - Ricky Nelson, cantante estadounidense (n. 1940). 1990 - Vasili Lazarev, cosmonauta soviético (n. 1928). 2004 - Gerard Debreu, economista francés (n. 1921).
Festas e celebracións Noitevella
Outros Inicio do Rali París-Dakar Santoral: Santos Franquila, abade de Ribas de Sil, Silvestre e Comba.
Os 366 días do ano
Categoría:Decembro