O 29 de decembro é o 363º día do ano do calendario gregoriano e o 364º nos anos bisestos. Quedan 2 días para finalizar o ano.

Acontecementos 418: San Bonifacio I é elixido Papa 1170: Thomas Becket, arcebispo de Canterbury, é asasinado por catro cabaleiros e por encomenda de Henrique II de Inglaterra. 1845: Os Estados Unidos anexionan o estado mexicano de Texas 1874: En Sagunt, o xeneral Arsenio Martínez-Campos Antón efectúa un pronunciamento e declara a restauración da monarquía borbónica en España. 1891: Thomas Alva Edison patenta a radio 1911: Sun Yat-sen tórnase o primeiro presidente da China 1940: Batalla de Inglaterra: a Luftwaffe lanza bombas incendiarias en Londres, matando 3.000 persoas 1943: Josip Broz Tito tórnase mariscal, na clandestinidade 1992: Fernando Collor de Mello, acusado de corrupción, renuncia á presidencia do Brasil 1997: Hong Kong comeza a matar todos os polos da illa para evitar a propagación da gripe aviaria. 2005: A Selección galega gaña o seu partido contra Uruguai por 3-2 no estadio de San Lázaro.

Nacementos miniatura|125px|dereita|Pau Casals. 1727 - Madame de Pompadour, amante do rei Lois XV de Francia (m. 1764). 1766 - Charles Macintosh, químico escocés (m. 1843). 1788 - Tomás de Zumalacárregui, xeneral na Primeira Guerra Carlista. 1800 - Charles Goodyear, inventor estadounidense. 1808 - Andrew Johnson, oitavo presidente dos Estados Unidos. 1813 - Karel Sabina, escritor checo (m. 1870). 1866 - Romain Rolland, escritor francés (m. 1944). 1872 - Rodrigo Sanz, político e investigador galego (m. 1939). 1876 - Pau Casals, compositor e músico catalán (m. 1973). 1896 - David Alfaro Siqueiros, pintor e militar mexicano (m. 1974). 1903 - Candido Portinari, pintor brasileiro. 1936 - Mary Tyler Moore, actriz estadounidense. 1938 - Jon Voight, actor estadounidense. 1939 - Bulus Nabil al-Saya, bispo católico maronita libanés, arcebispo de Haifa e Terra Santa. 1948 - Ventura Pérez Mariño, xurista e político galego. 1959 - Xosé Cid Cabido, escritor galego. 1972 - Jude Law, actor, produtor e director de cine inglés. 1994 - Beatriz Gómez, nadadora galega.

Mortes miniatura|100px|dereita|Rainer Maria Rilke. 1170 - Thomas Becket, arcebispo de Canterbury, chanceler de Inglaterra, é asasinado (n. 1117). 1720 - Maria Margaret Kirch, astrónoma alemá (n. 1670). 1889 - Daniel Carballo Cousido, xornalista e político galego (n. 1924). 1900 - Rosendo Salvado, frade beneditino, misioneiro, bispo e escritor galego (n. 1814). 1916 - Grigori Rasputín, monxe de grande influencia na Dinastía Romanov (n. 1869). 1921 - Hermann Paul, filólogo alemán (n. 1846). 1926 - Rainer Maria Rilke, poeta checo (n. 1875). 1936 - Abraham Zbarsky Geller, odontólogo e político galego (n. 1882). 1936 - Antonio López Barro, funcionario e político asturiano (n. 1906). 1941 - Luís Bouza Trillo, xornalista e escritor galego (n. 1869). 1976 - Ramón de Artaza Malvárez, avogado e escritor galego (n. 1877). 1977 - Luís Iglesias Iglesias, científico galego (n. 1895). 1986 - Andrei Tarkovskii, cineasta soviético (n. 1932). 2001 - Cássia Eller, cantante brasileira. 2012 - Antonio Domínguez Olano, xornalista e escritor galego (n. 1938). 2024 - Jimmy Carter, político demócrata, expresidente dos Estados Unidos (n. 1924).

Festas e celebracións Día internacional da diversidade biolóxica.

Outros Santoral: San David, Santo Tomás Becket.

Os 366 días do ano

Categoría:Decembro