O 14 de xaneiro é o 14º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 351 días para finalizar o ano, 352 nos anos bisestos.

Acontecementos 1236: o rei Henrique III de Inglaterra casa con Aliénor da Provenza. 1503 - Créase a Casa de Contratación en Sevilla, destinada o depósito de mercadorías importadas e exportadas de América. 1506 - Descóbrese a famosa escultura da Grecia clásica Laoconte e seus fillos. 1514 - Real cédula autorizando o casamento de españois con indias. 1526 - Tratado de Madrid, entre Francisco I de Francia e Carlos I de España, trala batalla de Pavia. 1696 - Os xuíces dos xuízos as bruxas de Salem realizan unha confesión oficial dos erros cometidos durante os mesmos. 1739 - Convenio de El Pardo, acordo entre España e Inglaterra, para establecer as bases do comercio nas colonias americanas. 1807 - Tropas inglesas do navío Diadema, fondeado en Montevideo, impoñen a rendición da praza o xeneral Rafael Marqués de Sobremonte. 1809 - Tratado de alianza entre Inglaterra e España para loitaren conxuntamente contra Napoleón, cuxos Exércitos invadiran España. 1812 - As Cortes de Cádiz decretan a supresión da forca. 1814 - Tratado de Kiel: Dinamarca cede Noruega a Suecia e esta renuncia a rexión de Pomerania no favor de Dinamarca. 1851 - Juan Bravo Murillo é encargado pola Raíña Isabel II de formar un novo Goberno en España. 1852 - Promulgación en Francia dunha nova Constitución que dá o poder a Carlos Lois Bonaparte. 1858 - Atentado contra Napoleón III, en París, cando se dirixía a ópera xunto coa emperatriz Eugenia. Resultaron ilesos. 1866 - O Goberno do Perú formula unha declaración de guerra, o considerarse agraviado polo de España. 1875 - Afonso XII chega a Madrid para ocupar o Trono de España. 1876 - Graham Bell patenta o teléfono. 1897 - O Senado norteamericano disolve a seita dos mormóns. 1897 - Primeira ascensión ao monte Aconcagua (Arxentina). 1900 - Estrease Tosca de Puccini no teatro Costanzi, de Roma. 1913 - Os Estados balcáns reanudan as hostilidades contra o Imperio Otomán. 1914 - A erupción do volcán Strato na illa Sakura (Xapón) provoca a morte de 7.000 persoas e destrúe 13 000 casas. 1933 - Chegan a Manaus, no Amazonas, as tropas colombianas que se enfrontarían as peruanas que se apoderaran da cidade colombiana de Leticia. 1935 - Aparece en Madrid o primeiro número do xornal Ya. 1937 - Guerra civil española: comenza a ofensiva das tropas golpistas contra Málaga. 1940 - Segunda guerra mundial: tropas finlandesas penetran na URSS pola fronte de Kuhmo. 1942 - Conclúe en Washington a conferencia Arcadia, que decide o desembarco dos aliados en África do Norte. 1943 - Conferencia de Casablanca entre Roosevelt, Churchill e os xenerais franceses Giraud e De Gaulle. 1945 - Turquía abre os estreitos aos aliados. 1953 - Importantes descubrimentos arqueolóxicos das culturas incaica e preincaica cerca de Cuzco (Perú). 1958 - É derrocado en Venezuela o presidente Marcos Pérez Jiménez. 1962 - Protesta en Vietnam do Sur pola axuda concedida pola China a Vietnam do Norte. 1968 - Lanzamento da nave Soiuz 4. 1971 - Estados Unidos concede apoio loxístico as forzas de Vietnam do Sur que combaten en Camboxa. 1986 - O democristián Vinicio Cerezo toma posesión do seu cargo coma Presidente de Guatemala. 1987 - O Goberno español anuncia unha nova reconversión industrial, que suporá a perda de 30 000 empregos. 1989 - Os países da OTAN e do Pacto de Varsovia acordan en Viena iniciar negociacións sobre o desarme convencional en Europa. 1990 - Emítese o primeiro episodio piloto de The Simpsons. 1992 - O Parlamento de Mongolia aproba unha nova Constitución, que establece a democracia parlamentaria e o sufraxio universal. 1992 - Acórdase a "Acta de Nova York II", tratado de paz entre o FMLN e o goberno de O Salvador. 1994 - Presentadas as primeiras imaxes trala misión espacial do telescopio espacial Hubble. 1994 - Os presidentes de Rusia, Boris Eltsin e de Estados Unidos, Bill Clinton, asinan en Moscova co presidente de Ucraína, Leonid Kravchuk, un acordo tripartito para eliminar tódolos mísiles nucleares estratéxicos ex-soviéticos. 1996 - O socialista Jorge Sampaio é elixido presidente de Portugal. 1997 - José María Gil-Robles y Gil-Delgado é elixido presidente do Parlamento Europeo.

Nacementos miniatura|125px|Yukio Mishima. 1615 - John Biddle, reformista relixioso inglés. 1775 - Paul Johann Anselm von Feuerbach, xurista e filósofo alemán. 1807 - Hilario Ascasubi, poeta arxentino. 1836 - Henri Fantin-Latour, pintor francés. 1841 - Berthe Morisot, pintora francesa. 1850 - Pierre Loti, escritor francés (m. 1923). 1875 - Albert Schweitzer, teólogo, filósofo, musicólogo e médico misioneiro alemán, Premio Nobel da Paz no 1952. 1882 - José Gómez Osorio, político e dirixente socialista galego (m. 1940). 1888 - Manuel Lustres Rivas, xornalista e escritor galego. 1892 - Hal Roach, produtor, cineasta e guionista estadounidense. 1896 - John Dos Passos, novelista estadounidense. 1901 - Virginia Daniels, actriz estadounidense. 1909 - Joseph Losey, cineasta estadounidense. 1919 - Giulio Andreotti, político italiano. 1920 - Chava Flores, actor e compositor mexicano. 1921 - Manuel Martín-Vázquez Bazán, toureiro español. 1924 - Fernando Álvarez de Miranda, político español. 1924 - Guy Williams, actor estadounidense.s 1925 - Yukio Mishima, escritor xaponés. 1928 - Carlos Luis Álvarez, Cándido, xornalista español 1932 - Harriet Andersson, actriz sueca. 1933 - José María Iglesias, pintor español. 1937 - Billy Jo Spears, músico. 1941 - Faye Dunaway, actriz estadounidense. 1942 - Juan Diego, actor español. 1942 - Manuel Mandianes, antropólogo galego. 1943 - Miguel Ángel Ladero Quesada, historiador español. 1944 - James Suturius, actor. 1947 - Jane Birkin, actriz británica. 1949 - José Bono Martínez, político español. 1951 - Jan Timman, xadrecista. 1962 - Ginger Lynn Allen, actriz estadounidense. 1963 - Steven Soderbergh, director de cine estadounidense. 1964 - Emilio Gavira, actor. 1965 - Antonio Cantó García del Moral (Toni Cantó), actor español. 1967 - Zakk Wylde, rockeiro, que traballou con Ozzy Osbourne e Black Label Society. 1967 - Emily Watson, actriz británica. 1969 - Dave Grohl, músico estadounidense. 1971 - Manel Fuentes, xornalista catalán. 1973 - Giancarlo Fisichella, piloto de Fórmula 1 italiano. 1981 - Rosa López, cantante española.

Mortes miniatura|100px|Lewis Carroll. 1742 - Edmond Halley, matemático e astrónomo británico. 1753 - George Berkeley, filósofo irlandés. 1867 - Jean Auguste Dominique Ingres, pintor francés (n. 1780). 1898 - Lewis Carroll, escritor e matemático inglés. 1901 - Víctor Balaguer, escritor e político español. 1901 - Charles Hermite, matemático francés. 1943 - José Barro González, empresario galego (n. 1873). 1949 - Joaquín Turina, compositor español. 1957 - Humphrey Bogart, actor estadounidense.

1958 - José Miaja Menant, militar español. 1960 - Eduardo Lence-Santar, escritor e xornalista galego (n. 1879). 1965 - Jeanette MacDonald, actriz e cantante estadounidense (n. 1903). 1977 - Sir Anthony Eden, político británico. 1978 - Kurt Gödel, matemático austrohúngaro (n. 1906). 1978 - Hubert Humphrey, ex vicepresidente dos Estados Unidos. 1984 - José Fernando Dicenta, actor e escritor español. 1984 - Maurice Bellonte, aviador francés (n. 1896). 1991 - Luis Escobar, actor, produtor e director español. 1992 - Jerrry Nolan, músico. 1994 - Federica Montseny, dirixente anarquista catalá. 1994 - Delio Rodríguez, ciclista galego (n. 1916). 1999 - Prince Lincoln Thompson, músico. 2012 - Pearse Hutchinson, poeta e tradutor irlandés (n. 1927). 2014 - Juan Gelman, poeta arxentino (n. 1930).

Santoral Santa Ida. San Dacio. Santa Verónica de Binasco.

Outros

Os 366 días do ano

Categoría:Xaneiro