O 22 de xaneiro é o 22º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 343 días para finalizar o ano, 344 nos anos bisestos.
Acontecementos 1188 - Afonso VIII e coroado rei de Galiza e León. 1532 - Martim Afonso de Souza funda São Vicente, a primeira cidade do Brasil. 1905 - Comeza a Revolución de 1905 na Rusia, coa ocupación do Palacio de Inverno en San Petersburgo. 1926 - Parte de Palos de la Frontera (Huelva) o hidroavión Plus Ultra, que chegaría a Buenos Aires o 10 de febreiro, completando así o primeiro voo entre España e América. 1941 - O Reino Unido captura Tobruk dos nazis, na segunda guerra mundial. 1961 - Un grupo de portugueses e galegos comandados por Henrique Galvão asalta o Santa María, nun intento de derrocar as ditaduras de Francisco Franco e Salazar. 1967 - Masacre da Avenida Roosevelt en Managua. 2005 - Presentación oficial da asociación Galiza Por Palestina no hotel Araguaney de Santiago de Compostela. 2006 - Evo Morales, líder indíxena, asume a presidencia de Bolivia. 2006 - Kobe Bryant marca 81 puntos nun partido da NBA. Establecendo a segunda maior marca de anotacion na historia da liga.YouTube. «Kobe Bryant 81» (en inglés) (Consultado: 22 de xaneiro do 2020).
Nacementos miniatura|100px|Lord Byron. 1592 - Pierre Gassendi, sacerdote católico, filósofo e matemático francés (m. 1655). 1729 - Gotthold Ephraim Lessing, escritor e crítico alemán (m. 1781). 1756 - Pedro Bazán de Mendoza, político e escritor galego (m. 1835). 1775 - André-Marie Ampère, físico francés (m. 1836). 1788 - Lord Byron, poeta inglés (m. 1824). 1849 - August Strindberg, escritor sueco (m. 1912). 1855 - Aureliano Pereira, político, xornalista e escritor galego (m. 1906). 1879 - Francis Picabia, pintor francés (m. 1953). 1891 - Antonio Gramsci, político, pedagogo, filósofo, teórico do marxista (m. 1937). 1898 - Lois Carré Alvarellos, etnógrafo e escritor galego (m. 1965). 1909 - Morris Swadesh, lingüista norteamericano (m. 1967). 1936 - Darío Álvarez Gándara, médico e escritor galego. 1936 - Alan J. Heeger, físico estadounidense. 1941 - Kathleen Barry socióloga feminista estadounidense. 1953 - Jim Jarmusch, director e guionista estadounidense. 1956 - Maximino Zumalave, director de orquestra e pianista galego.
Mortes miniatura|100px|Gregorio Fernández. 1516 - Fernando II de Aragón, rei Católico (n. 1452). 1636 - Gregorio Fernández, escultor galego. 1812 - Gregorio Ferro, pintor neoclasicista galego (n. 1742). 1815 - Carlos Amarante, enxeñeiro e arquitecto portugués (n. 1748). 1901 - A Raíña Vitoria, do Reino Unido. 1925 - Fanny Bullock Workman, escaladora e escritora estadounidense (n. 1859) 1942 - André Bellessort, poeta e novelista francés (n. 1866). 1973 - Lyndon B. Johnson, presidente dos Estados Unidos (n. 1908) 1981 - María Moliner, lexicógrafa española (n. 1900). 2013 - Senén Bernárdez Álvarez, farmacéutico e político galego (n. 1930). 2018 - Ursula K. Le Guin, escritora estadounidense de ciencia ficción (n. 1929). 2021 - Antonio Dorado Fidalgo, mestre, comerciante, labrego e político (n. 1929)
Festas e celebracións Ucraína - Día nacional.
Santoral San Vicente Palotti. San Víctor.
Outros
Os 366 días do ano Notas
Categoría:Xaneiro