O 18 de xaneiro é o 18º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 347 días para finalizar o ano, 348 nos anos bisestos.

Acontecementos 1071 - Batalla de Pedroso, García II derrota a Nuno Mendes, conde de Portucale. 1535 - Fundación de Lima, capital do Perú. 1778 - James Cook descobre as illas do Hawai. 1896 - Primeira demostración da máquina de raios-x. 1994 - Ten lugar o evento de Cando. 2012 -  debido a lei SOPA promulgada polos Estados Unidos apagase  en protesta a páxina da Wikipedia en inglés por 24 horas a partir das 05:00 UTC. Mentres durou o apagamento quen tentou acceder ao sitio, atopouse cunha pantalla negra na que se podía ler «Imaxina un mundo sen coñecemento libre».

Nacementos miniatura|100px|Charles de Montesquieu. 1689 - Charles de Montesquieu, filósofo francés. 1835 - Ricardo Puente Brañas, xornalista e escritor galego (m. 1880). 1856 - José Castro González, músico galego, máis coñecido como Mestre Chané. 1867 - Rubén Darío, poeta nicaraguano. 1880 - Paul Ehrenfest, físico e matemático austríaco (m. 1933). 1882 - Aureliano Pardo Villar, frade e escritor galego (m. 1957). 1882 - Aleksandra Ekster, pintora cubo-futurista, supremacista e construtivista, amais dunha dos fundadores da Art Déco. (m.1949) 1888 - Antoine Pevsner, escultor ruso (m. 1962). 1892 - Oliver Hardy, actor estadounidense (m. 1957). 1893 - Jorge Guillén, poeta español (m. 1984). 1904 - Cary Grant, actor estadounidense (m. 1986). 1911 - José María Arguedas, novelista, articulista e ensaísta político peruano. 1915 - Santiago Carrillo, político comunista español (m. 2012). 1921 - Yoichiro Nambu, físico estadounidense de orixe xaponesa. 1925 - Gilles Deleuze, filósofo francés. 1934 - José Manuel Romay Beccaría, político galego. 1938 - Anthony Giddens, sociólogo británico. 1946 - Henrique Rosa, político de Guinea-Bissau. 1952 - Michael Behe, bioquímico estadounidense. 1955 - Kevin Costner, actor e director de cinema estadounidense. 1955 - Fernando Trueba, director de cine español. 1971 - Josep Guardiola, futbolista e adestrador de fútbol catalán.

Mortes miniatura|100px|Rudyard Kipling. 1367 - Pedro I, rei de Portugal. 1862 - John Tyler, décimo presidente estadounidense (n. 1790). 1878 - Antoine César Becquerel, físico francés (n. 1788). 1884 - Antonio Romero Ortiz, político español (n. 1822). 1890 - Amadeu de Savoia, rei de España (n. 1845). 1911 - Ramón Pérez Costales, médico e político galego (n. 1832). 1912 - Domingo García Vázquez, pintor galego-brasileiro (n. 1859). 1929 - Celestino García Romero, xesuíta e escritor galego (n. 1855). 1936 - Rudyard Kipling, novelista británico. 1937 - Amanda García, mugardesa militante do PCE, fusilada no Castelo de San Filipe de Ferrol. 1961 - Fortunato Cruces, escritor e xornalista galego (n. 1870). 1982 - Huang Xianfan, historiador chinés (n. 1899). 1986 - Edmundo Rivero, cantante de tangos e guitarrista arxentino (n. 1911). 1989 - Sócrates Gómez, xornalista e político galego (n. 1914). 1995 - Adolf Butenandt, bioquímico alemán (n. 1903). 2007 - Bienvenido Brens, compositor e músico popular dominicano (n. 1925).

2025 - Bernardino Graña, escritor galego (n. 1932).

Festas e celebracións

Santoral Santa Margarida de Hungría. San Amancio. Santa Prisca.

Outros

Os 366 días do ano

Categoría:Xaneiro