O 12 de xaneiro é o 12º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 353 días para finalizar o ano, 354 nos anos bisestos.

Acontecementos 1528 - En Suecia, Gustavo I é coroado rei. 1908 - Unha mensaxe de radio é emitida pola primeira vez desde o alto da Torre Eiffel. 1940 - A Unión Soviética bombardea cidades de Finlandia 1945 - Comeza unha grande ofensiva da Unión Soviética contra os nazis no leste de Europa. 1976 - O Consello de Seguridade da ONU acepta que a Organización para a Liberación de Palestina participe nun debate. 1991 - Un acto do Congreso dos Estados Unidos autoriza o uso de forza militar para expulsar as tropas iraquís de Kuwait.

Nacementos miniatura|125px|Jack London. miniatura|125px|Carme Riera 1628 - Charles Perrault, escritor francés (m. 1703). 1729 - Edmund Burke, estadista, filósofo e político irlandés (m. 1797). 1746 - Johann Heinrich Pestalozzi, pedagogo suízo (m. 1827). 1809 - Leopoldo O'Donnell, militar e político español (m. 1867). 1876 - Jack London, escritor estadounidense (m. 1916). 1890 - Vasili Eroshenko, esperantista, músico, escritor, lingüista e pedagogo ruso (m. 1952). 1893 - Hermann Göring, oficial nazi alemán (m. 1946). 1899 - Paul Hermann Müller, químico suízo, Premio Nobel de Química (m. 1965). 1906 - Emmanuel Levinas, filósofo francés (m. 1995). 1914 - Enrique Miret Magdalena, químico e teólogo español (m. 2009). 1916 - Pieter Willem Botha, presidente surafricano (m. 2006). 1916 - Miguel González Garcés, escritor galego (m. 1989). 1935 - Benxamín Casal, político e escritor galego. 1936 - Émile Lahoud, presidente de Líbano. 1943 - Alberto Noguerol, arquitecto galego. 1948 - Carme Riera, escritora en catalán e castelán, ensaísta, profesora e membro do Real Academia Española. 1949 - Haruki Murakami, escritor e tradutor xaponés. 1951 - Ramón Villares, doutor en historia e ex-reitor da Universidade de Santiago de Compostela. 1951 - José Ángel Docobo, astrónomo galego. 1953 - Toñi Vicente, restauradora e hostaleira galega. 1956 - Nikolai Noskov, músico e cantante 1970 - Zack de la Rocha, músico estadounidense. 1985 - Yohana Cobo, actriz madrileña. 1990 - Sergey Karjakin, xadrecista ucraíno.

Mortes miniatura|125px|Pierre de Fermat. 1519 - Maximiliano I de Austria, pai de Filipe I de Castela e avó de Carlos I de España (n. 1459). 1665 - Pierre de Fermat, matemático francés (n. 1601). 1829 - Friedrich von Schlegel, filósofo alemán (n. 1772). 1909 - Hermann Minkowski, matemático ruso de orixe lituano (n. 1864). 1913 - Enrique Abella Casariego, enxeñeiro e político galego. 1976 - Dorothy Clutterbuck, escritora e suposta meiga inglesa (n. 1880). 1976 - Agatha Christie, escritora inglesa de novelas de misterio (n. 1890). 1997 - Charles Brenton Huggins, fisioloxista canadense, Premio Nobel de Medicina (n. 1901). 1998 - Ramón Sampedro, mariñeiro e escritor tetrapléxico galego. 2001 - Adhemar da Silva, atleta brasileiro. 2003 - Leopoldo Fortunato Galtieri, ex-ditador da Arxentina, responsábel da entrada do país na Guerra das Malvinas (n.1926) 2008 - Ángel González, poeta español (n. 1925). 2009 - Arne Næss, filósofo noruegués (n. 1912).

Festas e celebracións Día Sen Pantalóns

Outros Santoral: San Modesto.

Os 366 días do ano

Notas

Categoría:Xaneiro