O 8 de xaneiro é o 8º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 357 días para finalizar o ano, 358 nos anos bisestos.
Acontecementos 1297 - Independencia do Mónaco. 1805 - A Colonia do Cabo, na Suráfrica, tórnase colonia británica 1815 - Fin da guerra entre os Estados Unidos e o Reino Unido a través do Tratado de Ghent. Nova Orleáns: os británicos foran derrotados por forzas norteamericanas lideradas por Andrew Jackson e por piratas liderados por Jean Laffite. 1889 - Herman Hollerith patenta a súa máquina de tabulación, que foi usada pola primeira vez para compilar dados dun censo nos Estados Unidos. 1959 - Fidel Castro entra na Habana, capital de Cuba, após derrubar o 1° de xaneiro, Fulgencio Batista (que fuxiu para o exilio), e asume o poder en Cuba. 1959 - O xeneral Charles De Gaulle é chamado para asumir o goberno de Francia, ao cal renunciara en 1946. O país estaba á beira dunha guerra civil. 1986 - fundase a Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España. 1992 - Péchanse as comportas do encoro de Lindoso, Portugal, e a auga comeza a asolagar ás aldeas de O Vao e Buscalque, no concello de Lobios. 1996 - Morre François Mitterrand, que gobernou Francia de 1981 a 1995, con 79 anos. vítima de cancro de próstata. Fora o primeiro social-demócrata a asumir o poder nun país europeo. 2006 - Mehmet Ali Ağca, autor do atentado a bala contra o papa Xoán Paulo II, sae da prisión na Turquía.
Nacementos 100px|miniatura|Alfred Russel Wallace en 1895. 100px|miniatura|Fanny Bullock Workman miniatura|100px|Antonio Palacios. 1601 - Baltasar Gracián, escritor español (m. 1658). 1823 - Alfred Russel Wallace, xeógrafo e naturalista inglés (m. 1913). 1853 - Bernardo Rodríguez Ribeira, escritor e xornalista galego (m. 1924). 1859 - Fanny Bullock Workman, escaladora e escritora estadounidense (m. 1925). 1867 - Emily Greene Balch, escritora estadounidense, premio Nobel da Paz en 1946 (f. 1961). 1870 - Miguel Primo de Rivera, ditador español (m. 1930). 1874 - Antonio Palacios Ramilo, arquitecto galego (m. 1945). 1891 - Walther Bothe, físico alemán. 1891 - Xosé Tobío Mayo, escritor galego (m. 1971). 1910 - Jos van Amelsvoort, compositor neerlandés (m. 2003). 1921 - Leonardo Sciascia, escritor italiano (m. 1989). 1933 - Juan Marsé, novelista catalán. 1934 - Jacques Anquetil, ciclista francés (m. 1987). 1935 - Elvis Presley cantante estadounidense (m. 1977). 1938 - Flora Veiga, mestra e política galega 1942 - Stephen Hawking, físico teórico inglés. 1947 - David Bowie, músico inglés. 1950 - Argimiro Rojo, sociólogo e politicólogo galego. 1951 - John McTiernan, director e produtor estadounidense. 1957 - Bieito Iglesias, escritor galego. 1963 - Francisco Caamaño, político galego. 1964 - Marc Quinn, escultor e artista visual británico.
Mortes miniatura|125px|dereita|Galileo Galilei. 1198 - Papa Celestino III (n. 1106). 1324 - Marco Polo, explorador italiano que chegou á China (n. 1254). 1337 - Giotto, pintor italiano (n. 1266). 1538 - María de Aragón, raíña de Portugal (n. 1482). 1642 - Galileo Galilei, matemático e físico italiano (n. 1564). 1713 - Arcangelo Corelli, violinista e compositor italiano (n. 1653). 1879 - Baldomero Espartero, militar e político español (n. 1793). 1896 - Paul Verlaine, poeta francés (n. 1844). 1922 - Antonio Sanjurjo Badía, empresario e inventor galego (n. 1837). 1925 - George Bellows, pintor e litógrafo estadounidense (n. 1882). 1950 - Joseph Schumpeter, economista austro-estadounidense (n. 1883). 1976 - Zhou Enlai, político chinés (n. 1898). 1996 - François Mitterrand, político francés (n. 1916). 1998 - Sonny Bono, cantante estadounidense (n. 1935). 2019 - Xosé García Oro, relixioso e historiador galego (n. 1931).
Festas e celebracións
Outros Santoral: Santa Margarida e San Severino.
Os 366 días do ano
08