O 11 de xaneiro é o 11º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 354 días para finalizar o ano, 355 nos anos bisestos.
Acontecementos 630 - O fundador do islam, Mahoma, destrúe os ídolos do santuario de Kaaba na Meca. 1051: en Bizancio, Teodora Porfiroxénita é coroada emperatriz. 1610 - Galileo Galilei descobre Ganímedes, satélite de Xúpiter. 1533 - A Xunta de Goberno do Reino de Galiza acorda engadir as provincias da Coruña e Tui ás cinco xa recoñecidas. 1689 - O Parlamento de Inglaterra depón o rei Xacobe II de Inglaterra. 1787 - William Herschel descobre Titania e Oberón, dúas lúas do planeta Urano. 1913 - O Tíbet proclama a súa independencia. 1919 - Romanía anexiona Transilvania. 1922 - Primeira utilización da insulina en humanos para o tratamento de diabetes. O paciente é un canadense de 14 anos. 1935 - Amelia Earhart é a primeira persoa a facer un voo soa de Hawai á California 1946 - Enver Hoxha proclama a República Popular da Albania após a caída do rei Zog I. 1954 - Primeira reunión entre soviéticos e estadounidenses sobre a prohibición de armas atómicas. 1959 - Forzas de Vietnam do Norte invaden o Laos. 1960 - Comeza a construción da xigantesca represa de Asuán, no Río Nilo. 1963 - A primeira discoteca do mundo foi inaugurada nos Estados Unidos. O seu nome era The Whisky-a-gogo. 1982 - Promulgación do Estatuto de Autonomía de Cantabria e de Asturias 1988 - Ízase a bandeira na Base Antártica Juan Carlos I, a que foi a primeira base española naquel continente. 1993 - A UNESCO declara Patrimonio da Humanidade a Ruta Xacobea.
Nacementos miniatura|100px|Amanda Peet. 1755 - Alexander Hamilton, economista, político, escritor, avogado e soldado estadounidense (m. 1804). 1801 - Bartolomé Hermida Santabaia, avogado e político galego. 1842 - William James, psicólogo e filósofo estadounidense (m. 1910). 1859 - Alfredo Brañas, pai do rexionalismo galego (m. 1900). 1896 - Placeres Castellanos, mestra antifascista galega (m. 1971). 1906 - Albert Hofmann, químico suízo (m. 2008). 1910 - Trygve Bratteli, político noruegués (m. 1984). 1928 - Bertel Lauring, actor dinamarqués (m. 2000). 1934 - Jean Chrétien, avogado e primeiro ministro do Canadá entre 1993 e 2003. 1934 - Sven Wollter, actor de cine e televisión sueco. 1935 - Fernando García Agudín, político galego (m. 2026). 1941 - Gérson, futbolista brasileiro. 1943 - Eduardo Mendoza, escritor en lingua castelá e catalá. 1954 - Xavier Seoane, poeta galego. 1968 - Alberto San Juan, actor español. 1968 - Anders Borg, político sueco. 1970 - Juan Antonio Fernández Pazos, futbolista galego. 1971 - Carlos Jiménez Díaz, actor e humorista galego. 1972 - Amanda Peet, actriz norteamericana. 1975 - Matteo Renzi, político italiano. 1982 - Tony Allen, xogador de baloncesto estadounidense. 1983 - Adrian Sutil, piloto de Fórmula 1 alemán. 1984 - Matt Mullenweg, programador estadounidense, creador de Wordpress. 1985 - Kazuki Nakajima, piloto de Fórmula 1 xaponés.
Mortes miniatura|100px|Theodor Schwann. 812 - Estauracio, emperador bizantino. 844 - Gregorio IV, papa da Igrexa católica. 1055 - Constantino IX, emperador bizantino (n. 1000). 1882 - Theodor Schwann, fisiólogo, citólogo e botánico alemán (n. 1810). 1911 - Carolina Coronado, poetisa española (n. 1820). 1920 - Steinar Schjøtt, tradutor, filólogo e lexicólogo noruegués (n. 1844). 1923 - Constantino I de Grecia, rei (n. 1868). 1938 - Siervo González Rivas, sindicalista e político galego (n. 1886). 1941 - Emanuel Lasker, xadrecista alemán (n. 1868). 1945 - Ada Negri, poetisa italiana (n. 1870). 1966 - Alberto Giacometti, escultor e pintor suízo (n. 1901). 1966 - Hannes Kolehmainen, corredor finlandés (n. 1889). 1988 - Isidor Isaac Rabi, Premio Nobel de Física estadounidense de orixe austríaca (n. 1898). 1991 - Carl David Anderson, físico norteamericano, Premio Nobel (n. 1905). 2007 - Manuel Crespo Vázquez, político galego, alcalde de Dozón (n. 1902). 2008 - Edmund Hillary, alpinista neozelandés, primeiro home en pisar a cima do Everest (n. 1919). 2014 - Ariel Sharon, político israelí (n. 1928). 2018 - Severino Domínguez Rey sindicalista e político galego (n. 1915).
Festas e celebracións
Outros Santoral: San Vidal de Gaza
Os 366 días do ano
Notas
Véxase tamén
Categoría:Xaneiro