O 30 de decembro é o 364º día do ano do calendario gregoriano e o 365º nos anos bisestos. Queda 1 día para finalizar o ano.

Acontecementos 1460: Guerra das Dúas Rosas – Batalla de Wakefield: gran vitoria dos Lancaster de Margarida de Anjou; Ricardo de York é executado por traizón ao rei; o seu fillo Eduardo sucédelle como Duque de York 1532: Inocencio VI, elixido novo papa. 1851: fundación do Condado de Whitfield. 1916: asasinado Grigori Rasputín a mans da familia real rusa, para pór fin á súa influencia sobre a tsarina Alexandra. 1922: créase a Unión das Repúblicas Socialistas Soviéticas a instancias do congreso dos sovietes. 1927: abre a primeira liña de metro xaponesa, en Tokyo. 1947: o rei Miguel I de Romanía abdica baixo a presión dos comunistas. 1965: Ferdinand Marcos convértese en presidente de Filipinas. 1972: Guerra do Vietnam: os EUA suspenden os pesados bombardeos a Vietnam do Norte. 1973: Israel e o Vaticano establecen relacións diplomáticas. 1985: Stephen P. Synnott descobre a partir de imaxes tomadas pola sonda espacial Voyager 2, a lúa do planeta Urano, Puck. 1996: reformado o estatuto de autonomía das Illas Canarias. 2000: a sonda Cassini-Huygens fai a maior aproximación ao planeta Xúpiter. 2004: nun incendio na discoteca Cromagnon, en Buenos Aires, morren 188 persoas e máis de 800 resultan feridas. 2004: en España, o Parlamento Vasco aproba o Plan Ibarretxe, que establece un novo estatuto político para o País Vasco.

Nacementos 39 - Tito, emperador romano (81) 1865 - Rudyard Kipling, escritor británico, Premio Nobel de Literatura (1936) 1884 - Hideki Tojo, Primeiro Ministro do Xapón durante a segunda guerra mundial (1948) 1906 - Carol Reed, director de cinema británcio (1976) 1928 - Bo Diddley, guitarrista e compositor de rhythm and blues, pioneiro do rock and roll. 1935 - Omar Bongo, presidente do Gabón. 1942 Anne Charleston, actriz australiana. Michael Nesmith, guitarrista de Monkees. 1946 - Patti Smith, cantante estadounidense. 1961 - Ben Johnson, atleta canadense. 1973 - Maureen Flannigan, actriz estadounidense. 1975 - Tiger Woods, xogador de golf dos Estados Unidos de América. 1984 - LeBron James, xogador de baloncesto dos Estados Unidos.

Mortes 1591 - Papa Inocencio IX. 1870 - Joan Prim i Prats, conde de Reus e presidente do Consello de ministros catalán. 1896 - José Rizal, heroe nacional filipino. 1941 - El Lissitzky, artista, deseñador, fotógrafo, profesor, tipógrafo e arquitecto ruso (n. 1890). 1965 - Xosé Mosquera Pérez, mestre galeguista (n. 1895). 1995 - Heiner Müller, dramaturgo alemán (n. 1929). 1998 - Joan Brossa, poeta e artista plástico catalán. 2004 - Agustín Sixto Seco, médico galego. 2007 - Xaime Quessada, pintor galego. 2012 - Rita Levi-Montalcini, neuróloga italiana (n. 1909).

Festas e celebracións Festa da Traslación de Santiago: nesta data celébrase a traslación dos restos do apóstolo Santiago a Galicia. Segundo o historiador Fernando López Alsina, ata o 1080 esta era a única festividade dedicada ó apóstolo.https://xacopedia.com/busqueda-simple.php Xacopedia.com, s. v. Fiesta de Santiago e Traslación, fiesta de la.

Outros

Os 366 días do ano

Categoría:Decembro