Avelino Senra Varela, nado o 17 de xullo de 1935 en Forcarei e finado o 10 de abril de 2025 en Madrid, foi un oncólogo galego, catedrático de medicina.

Traxectoria Foi subdirector do Instituto Nacional de Oncoloxía, catedrático emérito de medicina interna da Universidade de Cádiz e responsable do departamento de oncoloxía do Hospital Universitario de Cádiz.

Obra Foi autor de numerosos ensaios de divulgación médica e numerosos artigos médicos: Concepto de patología general, 1983. El cáncer y su prevención, 1993 (con Ramiro Palmeiro Troitiño). La tesis doctoral de medicina, 1995. ¿Que é o cancro?: unha resposta simplificada, 1998, Laiovento. El cáncer: epidemiología, etiología, diagnóstico y prevención, 2002. Comentarios hipocráticos sobre cultura y saber médico, 2004. Las enfermedades de Santa Teresa de Jesús, 2005.

Notas

Categoría:Nados en 1935 Categoría:Finados en 2025 Categoría:Nados en Forcarei Categoría:Médicos de Forcarei Categoría:Profesores da Universidade de Cádiz Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes