Arno é un atol de 133 illas no océano Pacífico. É un distrito lexislativo das Illas Marshall na cadea Ratak. O territorio abarca 13 quilómetros cadrados de terra firme. A diferenza da maioría dos outros atois, Arno inclúe tres diferentes lagoas, unha gran lagoa central, e dúas máis pequenas no norte e o leste. A súa lagoa principal inclúe unha superficie de 338´7 km². A unha distancia de só 20 km, é o atol máis próximo á capital das Illas Marshall, o atol Majuro, e pódese ver mirando cara ao leste desde Majuro nun día claro. Atópase aproximadamente a 47 km. ao leste de Ujae.
A poboación do atol Arno era de 2.069 segundo o censo de 1999. Os illotes máis poboados son Ajeltokrok, Kobjeltak, Rearlaplap, Langor e Tutu. O pobo máis grande é Ine, Arno.
Os habitantes de Arno son ben coñecidos pola súa produtividade na fabricación de copra (a carne seca de coco, da que é extraído o aceite de coco). As mulleres de Arno son famosas pola produción da Bolsa de Kili, un popular bolso tecido a man, o nome doutra illa nas Illas Marshall (á que a poboación do atol Bikini foi finalmente trasladada como consecuencia das probas nucleares dos Estados Unidos que se levaron a cabo no seu atol). En Arno supostamente había unha tradicional "escola de amor".
Historia O atol Arno foi reclamado polo Imperio Alemán xunto co resto das Illas Marshall en 1884. Despois da primeira guerra mundial, a illa caeu baixo o Mandato do Pacífico Sur do Imperio do Xapón. Tras o final da segunda guerra mundial, o atol Arno quedou baixo o control dos Estados Unidos, como parte do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico. A illa forma parte da República das Illas Marshall desde 1986.
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio das Illas Marshall Entry at Oceandots.com
Categoría:Atois das Illas Marshall Categoría:Illas do Pacífico