miniatura|dereita|Limón: froito e flor. O limón é o froito do limoeiro (Citrus limon), arbusto de 5 a 10 metros de altura, da familia das Rutáceas.
Os limóns existentes son de dous tipos: o limón doce, froito decorativo cuxo zume é pouco ou nada acedo, con todo clasificado Citrus limon (L.) Burm. f. (clasificación de Tanaka); e o máis común limón acedo, cuxo zume ten un pH de aproximadamente 2,5.
Esta froita madura ten unha casca que varía de verde suave a amarelo brillante baixo a acción do frío. No hemisferio norte madura a finais do outono e principios do inverno. A súa carne é suculenta e o seu zume rico en vitamina C (un litro de zume contén aproximadamente 500 miligramos de vitamina C e 50 gramos de ácido cítrico). Ao ser de fácil conservación e dada a súa riqueza en vitamina C, os navíos comezaron a transportalo a bordo e usalo como dieta para combater o escorbuto, ao tempo que o espallaban por todo o planeta. As súas aplicacións na vida doméstica son innúmeras. Co zume da froita, prepáranse refrixerantes, sorbetes, mollos e aperitivos, así como remedios, xaropes e produtos de limpeza. Da casca extráese un aceite esencial, usado en perfumaría e na preparación de licores e xabóns, que contén entre outras substancias o limoneno e o citral.
Historia
A orixe do limón é descoñecida en particular por mor do seu polimorfismo e a súa diversidade. Os investigadores consideraban que procedía da rexión de Assam, da rexión indo-birmana ou da China.
Aínda que se cría que era descoñecido para os antigos gregos e romanos, estudos de 2016 mostran que naceu no Mediterráneo como un híbrido entre a laranxeira amarga e a cidreira arredor do V milenio a.C. A primeira referencia sobre este citrino atópase no libro de Nabathae sobre agricultura, datando do século III ou IV.
As invasións bárbaras do século III destruíron gran parte das plantacións de limóns europeas, aínda que a finais do século IV permanecían no sur de Italia, Sicilia e España. Entre os anos 1000 e 1200, o limón volveu a aparecer en Europa introducido polos árabes a través da rexión mediterránea. Hai relatos de limoeiros cultivados en Xénova a mediados do século XV, así como referencias á súa existencia nos Azores en 1494.
A árbore do limón foi empregada orixinariamente como planta ornamental en xardíns de pracer na Idade Media, especialmente nos xardíns islámicos. O limón foi introducido gradualmente na dieta medieval, usándose como fondo ácido para gardar vexetais crus igual que o vinagre ou o zume de laranxa. Con todo, é probable que se utilizase tamén como técnica de conservación da carne dende os tempos antigos..
Actualmente é unha das froitas máis coñecidas e utilizadas no mundo.
Características
Híbrido cultivado, as árbores son pequenas (non atinxe máis de 6 metros de altura), espinescentes, moi ramificadas, de caule e ramos castaño claros; as follas son alternas, oblóngoelípticas, con puntuacións translúcidas; as inflorescencias son de flores axilares, albas ou violetas, en cacho. Reprodúcese por estacas de gallos, en solo areoso e ben estercado, de preferencia en rexións de clima quente ou temperado. Propágase tamén por sementes, que requiren solo leve e fértil, en lugar soleado e protexido dos ventos.
Frutifica principalmente a partir de mediados de outubro, pero pode facelo durante todo o ano, en innúmeras variedades, que aínda que muden no tamaño e na textura da casca, que pode ser lisa ou enrugada, canto á cor, varían do verde escuro ao amarelo claro, excepto unha das especies, que se asemella a unha tanxerina.
Fisicamente o limón caracterízase por ser de forma ovalada con picos nos extremos da diagonal superior e ter unha pel de grosor moi variable (duns poucos milímetros a case un centímetro). Cando está madura, a pel é de cor marela polo exterior e case branca polo interior.
miniatura|dereita|Limón, froito do limoeiro. miniatura|dereita|Molécula do ácido cítrico. Contén ácido cítrico, hesperidina e entre as vitaminas: a vitamina C (ácido ascórbico) -uns 30 mg en 100g-, e as vitaminas A, B1 (tiamina), B2 (riboflavina), B3 (ácido nicotínico), B5 (ácido pantoténico) e B6. Minerais: calcio, cobre, cloro, ferro, fósforo, magnesio, manganeso, potasio, sodio e xofre.
Utilización
Úsanse as follas, a casca do froito e mais o zume do froito. Aínda que é comestíbel, non é habitual comelo tal como se colle da árbore por ter un sabor moi ácido. Os que teñen cor amarela ou amarelo-verdeada, cultívanse sobre todo polo zume, aínda que a polpa e a casca tamén se utilicen en culinaria. Os limóns conteñen unha gran cantidade de ácido cítrico, o que lles confire un gusto ácido.
Os limóns e as limas sérvense regularmente como limoada (zume de limón natural con auga e azucre), ou con bebidas refrecantes de cola e combinados, cunha rodela dentro ou no bordo da copa.
É moi prezado en repostería por potenciar o sabor e o seu zume por ser refrescante. Ademais, é amplamente utilizado como desinfectante e desengraxante, tanto só como combinado con outros produtos de limpeza.
As variedades mais abundantes no mercado son: Lisbon, Eureka, Primofiori e Verna.
Produción e exportacións
No ano 2016, España era o maior produtor e exportador de Europa, a India o maior produtor do mundo e México o maior exportador mundial en número de toneladas, porén España foi o maior exportador mundial en valor monetario (case 820 millóns de dólares).
Principais produtores de limóns e limas ( toneladas ). Fonte FAO País Ano 2016 Ano 2006 India 2 978 000 2 159 000 México 2 429 839 1 867 078 China 2 289 576 700 000 Arxentina 1 678 337 1 470 000 Brasil 1 262 353 1 031 292 España 857 754 877 134 Turquía 850 600 710 401 USA 822 000 854 570 Irán 457 270 467 549Italia 379 282 573 171 Principais exportadores de limóns e limas ( toneladas ). Fonte FAO País Ano 2016 Ano 2006 México 667 572 428 129 España 547 155 491 787 Turquía 448 781 323 116 Arxentina 279 339 314 651 Suráfrica 236 868 133 331 Países Baixos 189 063 83 691 USA 135 209 103 482 Brasil 95 748 51 440 Chile 77 310 33 180Italia 46 563 37 373
Notas
Véxase tamén
Categoría:Froitas Categoría:Cítricos Categoría:Artigos que toda Wikipedia debería ter (Ciencia)