dereita|220px|miniatura|Un xogo de té. dereita|miniatura|220px|Té verde chinés.
O té é unha infusión estimulante preparada coas follas e rebentos da planta do té, un arbusto da familia Theaceae (Camellia sinensis). A popularidade desta bebida é soamente superada pola auga. O seu sabor é fresco, lixeiramente amargo e adstrinxente; este gusto é agradábel para moita xente. Arguméntase que o consumo de té (especialmente verde) é benéfico para a saúde por conter antioxidantes, flavanois, flavonoides, catequiinas e polifenois. Debido aos seus catequinos, o té ten propiedades anti-inflamatorias e neuroprotectoras; pode axudar na regulación do apetito e pola súa afinidade cos receptores cannabinoides pode diminuír a dor e maila naúsea, servindo tamén como calmante.
O consumo do té verde está asociado cunha diminución do risco de problemas de saúde entre os adultos maiores tales como: infartos, deterioración cognitiva e osteoporose.
O té contén L-teanina substancia relacionada cun estado mental calmado en humanos. Un estado semellante ao que se atopa entre os practicantes de meditación.
O termo "té herbal" refírese comunmente a infusións de froitas ou herbas que non inclúen a planta do té tales como o mate, a macela, a tila, o poexo entre outros.
A norma ISO 3103 é un estándar publicado pola ISO que presenta un método estandarizado para preparar o té. Esta norma foi producida no ano 1980 polo comité técnico ISO 34 (alimentos), subcomité 8 (té).
Etimoloxía dereita|miniatura|220px|Arbusto de té. O té bébese na China desde antes da dinastía Tang. A etimoloxía das diversas palabras para té reflicte a historia da transmisión da cultura e do comercio do té desde a China a países de todo o mundo.
O termo galego té (en portugués chá) procede do chinés, que ten varias pronuncias segundo o dialecto chinés usado. As dúas pronuncias exportadas foron "cha" e "te". Algunhas linguas tomaron a forma "te", como o español ou o inglés, e outras tomaron a forma "cha", como o portugués ou o xaponés. Historia
miniatura|upright|Servizo de té esmaltado en ouro.
O té nas súas múltiples presentacións é a segunda bebida máis popular do mundo superada soamente pola auga. O costume de servir follas da planta do té (Camellia sinensis) para conferir un bo sabor á auga fervida utilizouse por primeira vez na China cara ao ano 250 a. C. e desde ese momento expandiuse a case todas as rexións do mundo cunha grande aceptación por parte dos consumidores.
Consumido inicialmente como un tónico medicinal, a popularidade do té foi crecendo ata converterse nunha bebida mística que desenvolveu novas tradicións e rituais para o seu consumo. O té foi tan importante para a cultura chinesa que mesmo tivo a súa Idade de Ouro (durante a dinastía Tang) e o seu libro sacro, o Cha Sing ou Arte Clásica do Té,«Historia del té desde el año 500 hasta el 1000 d. C.», artigo publicado no sitio web Té Innatia, arquivado aquí. no que se detallan de maneira poética as diferentes técnicas e formas de preparalo. Outra contribución do té foi o desenvolvemento da cerámica na China, co propósito de desenvolver utensilios para o seu consumo que caracterizasen e diferenciasen a riqueza da xente que os posuía. Lendas sobre a orixe da bebida
O té é un elemento fundamental para grandes escolas de pensamento filosófico da China, o Xapón e a India: Os budistas cren que beber té é unha das formas de concentrar a mente para relaxarse e meditar e os taoístas considerábano como un dos principais ingredientes do elixir da inmortalidade, segundo conta Okakura Kakuzō, autor do clásico O libro do té (1906).
Segundo a lenda popular chinesa, o descubrimento do té foi unha marabillosa coincidencia. O seu descubrimento atribúese ao erudito emperador chinés Shen Nung, coñecido como "Sanador Divino", quen durante o seu mandato, hai máis de 4700 anos, ordenou como obrigatorio ferver toda a auga destinada para o consumo humano. Un día, mentres descansaba á sombra dunha árbore de té silvestre, unha lixeira brisa de verán axitou as ramas da árbore, desprendendo varias follas das súas ramas. Por boa fortuna, as follas caeron na auga que estaba a ferver. A infusión adquiriu entón un aroma agradable, que espertou a curiosidade do monarca por probar tal mestura. A bebida, deliciosamente refrescante e reconstituyente, cativoulle instantaneamente e atribuíulle dotes medicinais.
A relixión budista pola súa banda, atribuíu o descubrimento do té ao monxe Bodhidharma, fillo dun rei pertencente a unha caste de liñaxe Bramini e monxe hindú, promotor do budismo chan na China que logo se transmitiu ao Xapón como budismo zen. O Príncipe Bodhidharma, segundo conta a lenda, foi quen descubriu os efectos energizantes do té e usouno como tónico medicinal e reconfortante durante as súas viaxes cando decidiu abandonar a India para predicar os preceptos de Buda no reino dos Wei, ao norte da China (ano 527 d.C.).
Hoxe en día, India é o segundo maior produtor de té a nivel mundial, á vez que os tés das rexións indias de Darjeeling e Assam son recoñecidos como os máis finos do mundo.
A ruta do té e os cabalos
A ruta do té e os cabalos foi unha ruta comercial entre Lhasa (no Tíbet) e a zona produtora de té en Sichuan (na China).Jenkins, Mark: artigo na revista National Geographic en español, maio de 2010. Esta ruta que cruza a meseta do Tíbet, supera nalgúns pasos alturas de 5000 metros sobre o nivel do mar. A ruta transportaba o té cara a Lhasa. No sentido contrario realizábana con cabalos. Estivo activa ata mediados do século XX. O primeiro tramo da ruta entre Xa'an e Kangding na China, onde o té era transportado por carrexadores, requiría uns 20 días. As cargas transportadas superaban frecuentemente o peso do propio carrexador. Homes e mulleres levaban ata 135 quilogramos. Ancestralmente cada quilogramo de té transportado era recompensado cun quilogramo de arroz.
En Kangding, a uns 2550 metros sobre o nivel do mar, o té era cocido e envolto en paquetes impermeables, protexidos con pel de iac, cargados en caravanas que demoraban tres meses en chegar a Lhasa.
Segundo antigas tradicións, a afección dos tibetanos polo té remóntase ao século VII de nosa era, introducido pola esposa chinesa do monarca tibetano. O té utilizado no Tíbet é a variedade máis rústica da planta do té. En efecto os bloques de té enviados prepáranse, ata os nosos días, cos talos, as ramas e as follas máis grandes, o que o fai máis amargo.
A partir do século XVIII os ladrillos de té convertéronse en moeda de cambio, no século XII o comercio alcanzaba anualmente millóns de quilos para cambialos por uns 25000 cabalos para o exército chinés.
Popularización da bebida en Occidente
miniatura|upright|Posto de venda de té na feira en Navarcles, España.
O té entrou en contacto cos europeos por primeira vez na India, cando os portugueses chegaron a ela en 1497, xa que na India o uso do té estaba moi estendido .
A Raíña Catarina de Braganza de Portugal introduciu o costume de tomar o té. O historiador Eugenio Pereira Salgas escribiu: «A milenaria planta chinesa aparece en Portugal, pero só anos máis tarde esténdese o seu uso. Catarina de Braganza foi a primeira raíña bebedora de té e en 1717, os ingleses adoptárona como bebida nacional, abríndose en Londres en 1717 os primeiros “tea-shop”».. O primeiro cargamento de té debeu chegar a Ámsterdam (Países Baixos) cara a 1610, por iniciativa da Compañía Neerlandesa das Indias Orientais. En Francia non apareceu a nova bebida ata 1635 ou 1636. En Inglaterra, o té negro chegou a través dos Países Baixos e dos cafeteiros de Londres que o puxeron de moda cara a 1657. O consumo de té só adquiriu notoriedade, en Europa, nos anos 1720-1730. Empezando entón un tráfico directo entre a China e Europa. Naquel tempo, o consumo en Europa era aínda mínimo e case exclusivo dos Países Baixos e Inglaterra. Francia consumía moi pouco, Alemaña prefería o café e España era aínda menos afeccionada. Pero, co tempo e coa axuda dos comerciantes europeos, o té chegou a todo o mundo, tanto para o seu cultivo como para o seu consumo.
En Inglaterra no século XIX chegou a todas as clases sociais, pobres e ricos bebíano. Mesmo se di que substituíu a xenebra (moi requirida polas clases baixas inglesas). Hoxe, tomar té é unha das características do Reino Unido.
O té xeado é unha das formas máis populares en que se consome a bebida. Marcouse como data de «invención» o ano 1904, na feira de San Luís. Isto foi escrito nun artigo de The New York Times de 1961. Con todo, Johann Georg Kohl xa describira este uso da bebida en 1842 ao escribir a maneira en que os rusos conservaban xeo do inverno para utilizalo durante o verán.
En 1904, grazas a Thomas Sullivan popularízase a bolsa de té. Esta pretendía só indicar a dose para unha cunca, requirindo abrila para usar o seu contido. Con todo, os clientes viron a conveniencia de utilizar as bolsas mesmas como parte da preparación do té. Ao modo en que se afai actualmente. Este simple produto sufriu diversas modificacións e non foi senón ata 1964 que aparece a bolsa de té que atopamos actualmente en venda.
miniatura|upright|Casa de té na cidade de Mar del Plata (Arxentina).
Na República Arxentina «iniciáronse as plantacións no ano 1923, na zona de Tres Capones, Provincia de Misiones, con sementes traídas desde Xeorxia (nación pertencente á Unión Soviética ata o ano 1991). Na década de 1930, o cultivo estendeuse ás localidades de Loreto e Puerto Bemberg na provincia de Misiones e Playadito na provincia de Corrientes» e logo sumáronse as plantacións da provincia de Córdoba.
Cabe destacar que Arxentina é a principal exportadora de té aos Estados Unidos de América.
Cultivo e colleita miniatura|upright|Colleita de té na provincia de Zhejiang, China, maio de 198 miniatura|upright|Traballadores das plantacións de té en Sri Lanka
A Camellia sinensis é unha planta de folla perenne que crece principalmente en climas tropicais e subtropicais. Algunhas variedades tamén poden tolerar climas mariños e cultívanse tan ao norte como en Cornualla, Inglaterra, Perthshire en Escocia, Washington nos Estados Unidos, e Illa de Vancouver no Canadá. No hemisferio sur, o té cultívase ata o sur ata Hobart en Tasmania e Waikato en Nova Zelandia.
As plantas de té propáganse a partir de sementes e enxertos; necesítanse entre 4 e 12 anos para que unha planta dea sementes e uns tres anos antes de que unha nova planta estea lista para a colleita. Ademais dun clima de zona 8 ou máis cálido, as plantas de té requiren polo menos 127 cm de choiva ao ano e prefiren chans ácidos. Moitas plantas de té de alta calidade cultívanse a altitudes de ata 1500 m sobre o nivel do mar. Aínda que a estas alturas as plantas medran máis lentamente, adquiren un mellor sabor.
esquerda|miniatura|upright|Mulleres collendo té en Kenya