Francisco Javier Losada de Azpiazu, nado na Coruña en 1955, é un político galego. Foi alcalde da Coruña dende o 24 de marzo de 2006 ata o 11 de xuño de 2011.

Traxectoria Médico de formación, é membro da executiva galega do PSdeG-PSOE. Formou parte da corporación municipal coruñesa dende o ano 1983 desenvolvendo diversos cargos, entre eles Educación, Cultura, Economía, Planificación e Urbanismo e a Tenencia de Alcaldía.

Tras as eleccións ao Parlamento de Galicia 1997 foi elixido deputado para a 5.ª lexislatura (1997–2001), mais oficializou a súa baixa o 17 de febreiro de 1999, sendo substituído por Marisol Soneira Tajes.

O 24 de marzo de 2006 sucedeu na alcaldía a Francisco Vázquez Vázquez, tras ser este designado embaixador no Vaticano. Tamén relevaría o excalde dos seu cargos no Senado e o comité executivo da FEMPLosada releva a Vázquez en el Senado y en el comité ejecutivo de la FEMP www.lavozdegalicia.es, 16/02/2006.

Nas eleccións municipais do 2007 o PSdeG-PSOE obtivo 11 concelleiros, perdendo así a maioría absoluta. Desde entón Javier Losada liderou un goberno de coalición co BNG.

Nas eleccións de 2008 presentouse como senador, e foi elixido pola provincia da Coruña.

Nas eleccións municipais do 2011 o PSdeG-PSOE obtivo 8 concelleiros, 3 menos ca nas anteriores eleccións, e perdeu a alcaldía da Coruña ao obter a maioría absoluta o PPdeG, á fronte do que estaba o candidato Carlos Negreira. Ese mesmo ano 2011, nas eleccións xerais revalidou o mesmo resultado que obtivera no Senado e resultou de novo o representante socialista na Cámara Alta.

Javier Losada foi secretario xeral dos socialistas coruñeses durante doce anos, entre 1999 e 2011, así como membro da Executiva Nacional Galega do PSdeG-PSOE e do Comité Federal do PSOE.

Foi tamén membro fundador da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) e ocupou a presidencia de distintos organismos como a Empresa Municipal de Aguas de La Coruña EMALCSA, o Consorcio para la Promoción de la Música o o Consorcio de Turismo.

Dende xuño do ano 2018, coa chegada de Pedro Sánchez ao goberno, converteuse en Delegado do Goberno en Galicia,Real Decreto 456/2018, de 18 de junio, por el que se nombra Delegado del Gobierno en la Comunidad Autónoma de Galicia a don Javier Losada de Azpiazu. cargo que deixou en 2021 cando foi substituído por José Miñones. En 2023, foi nomeado membro do Consello de Estado.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais na Coruña Lista de senadores galegos desde a Transición

Ligazóns externas Ficha do Senado español de Javier Losada de Azpiazu .

Categoría:Nados en 1955 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Alcaldes da Coruña Categoría:Senadores pola Coruña Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Concelleiros da Coruña Categoría:Corporación Municipal da Coruña 1999-2003 Categoría:Corporación Municipal da Coruña 2003-2007 Categoría:Corporación Municipal da Coruña 2007-2011 Categoría:Delegados do goberno en Galicia