Harry Potter and the Chamber of Secrets é o nome do segundo videoxogo de Harry Potter, que foi posto á venda no 2002. O xogo foi publicado por Electronic Arts e desenvolto por Eurocom para PlayStation 2, Xbox e GameCube. Tamén foi simultaneamente desenvolto por Amaze Entertainment para o PC, Game Boy Advance e Game Boy Color. Ademais foi creada unha versión orixinal feita para a PlayStation. Este foi o último videoxogo que se fixo para a Game Boy Color.

Argumento Para máis información, vexa o artigo: Harry Potter e a Cámara dos Segredos. Harry Potter, Ron Weasley e Hermione Granger regresan á Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería para comezar co seu segundo ano. Pero non todo está tranquilo, pois algúns studantes aparecen petrificados e hai rumores de que o herdeiro de Slytherin está detrás de todo iso. As sospechas recaensobre Harry, pero cando Ginny Weasley é raptada e levada á Cámara dos Segredos, Harry e Ron vense forzados a ir ó interior da Cámara e así rescatala.

Personaxes cos que se pode xogar Harry Potter é un valente mago de doce anos. É o personaxe principal e o único co que se pode xogar.

Acollida

O xogo recibiu maioritariamente críticas positivas. Entertainment Weekly deulle unha puntuación de B+.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial Harry Potter and the Chamber of Secrets (videoxogo) en MobyGames.

#2 Categoría:Videoxogos de 2002 Categoría:Videoxogos de Electronic Arts Categoría:Videoxogos desenvolvidos no Reino Unido Categoría:Videoxogos desenvolvidos nos Estados Unidos de América Categoría:Videoxogos de Game Boy Color Categoría:Videoxogos de Game Boy Advance Categoría:Videoxogos de Nintendo GameCube Categoría:Videoxogos de PlayStation Categoría:Videoxogos de PlayStation 2 Categoría:Videoxogos dun só xogador Categoría:Videoxogos de Warner Bros. Interactive Entertainment Categoría:Videoxogos de Windows Categoría:Videoxogos de Xbox Categoría:Videoxogos baseados en filmes