Jacques Vergès, nado o 5 de marzo de 1925 en Ubon Ratchatani, en Tailandia e finado o 15 de agosto de 2013, foi un avogado francés coñecido polo seu comunismo anticolonialista e por defender a figuras polémicas como o nazi Klaus Barbie ou o denegacionista Roger Garaudy.

Traxectoria Fillo dunha institutriz vietnamita e de Raymond Vergès, cónsul francés, a súa nai morreu cando el tiña tres anos e a familia trasladouse á illa de Reunión. Aos 17 anos deixou a illa e uniuse ao exército das Fozas Francesas Libres, radicado en París desde 1945 ingresou no Partido Comunista Francés, foi secretario da Unión Internacional de Estudantes con sede en Praga (1952-1954). Defensor dos combatentes da Fronte de Liberación Nacional alxeriana, entre os que está a que será a súa dona desde 1965, Djamila Bouhired. En 1957 abandonou o PCF. Cando Alxeria se independizou en 1962 Vergès instalouse en Alxer, converténdose en xefe de gabinete do ministro de Asuntos Exteriores, fundou a revista Révolution africaine, financiada polo FLN.

A partir de 1963 prodúcese unha viraxe na súa ideoloxía achegándose ás teses maoístas, destituído das súas funcións volveu a París, fundou a primeira revista maoísta francesa, Révolution. En 1965, tras a destitución de Ahmed Ben Bella, Vergès volveu a Alxeria, permanecendo alí ata 1970. Entre 1970 e 1978 desapareceu da vida pública, constituíndo un misterio o seu paradoiro.

Defendidos Georges Ibrahim Abdallah. Klaus Barbie. Paul Barril. Bernard Bonnet. Robert Boulin. Carlos. Simone Weber. Norbert Dabira. Mohamed Diawara. Jean-Marc Dufourg. Djaffar el-Houari. Max Frérot. Roger Garaudy. Khieu Samphan. Magdalena Kopp. Anis Naccache. Camille Sudre. Bara Tall. Omar Raddad. Louise-Yvonne Casetta. Omar Bongo. Idriss Déby. Denis Sassou-Nguesso. Moussa Traoré. Abdoulaye Wade.

Categoría:Personalidades de Francia Categoría:Nados en 1925 Categoría:Nados en Tailandia Categoría:Finados en 2013