Pandulfo IV, finado na batalla de Montesarchio o 7 de febreiro de 1074, foi copríncipe de Benevento co seu pai Landulfo VI desde 1056, cando o seu avó Pandulfo III aínda reinaba, ata a súa propia morte en batalla, anterior á do seu pai. Traxectoria Probabelmente en 1059, o vello Pandulfo abdicou e retirouse ao mosteiro de Santa Sofia, deixando como príncipes a Landulfo e ao xove Pandulfo. Pandulfo estaba presente probabelmente o 1 de outubro de 1071 na consagración da abadía de Monte Cassino. Non aparece na carta de 12 de agosto de 1073 na que o seu pai xura fidelidade ao papa Gregorio VII. Nese momento, así e todo, Landulfo non volve aparecer nas crónicas e Pandulfo semella que asumiu as principais responsabilidades como príncipe. Pandulfo combateu contra os normandos. Véxase tamén Bibliografía Caravale, Mario (ed). Dizionario Biografico degli Italiani: LXIII Labroca – Laterza. Roma, 2004.
Categoría:Longobardos Categoría:Duques de Benevento Categoría:Finados en 1074