Raroia é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa. Administrativamente é unha comuna asociada á comuna de Makemo. Está situado a 740 km ao nordés de Tahití e a 6 km ao suroeste de Takume.

Xeografía

O atol ten forma ovalada, de 43 km de longo e 14 km de ancho. A superficie total é de 41 km². Dispón dun paso navegable ao interior da lagoa. A vila principal é Garumaova. A poboación total era de 184 habitantes no censo do 1996, que viven principalmente da pesca e a perlicultura. Non dispón de infraestruturas.

Historia

Foi descuberto en 1605 por Pedro Fernández de Quirós. Historicamente tamén se coñeceu cos nomes: Fugitiva e Barclay de Tolley. En 1947 fíxose famoso pola historia da Kon Tiki. O noruegués Thor Heyerdahl construíu unha barca tradicional de madeira e bambú, parecido aos que utilizaban os incas para desprazarse polo lago Titicaca. Para demostrar que era posible a navegación prehistórica e o poboamento da Polinesia desde América, fixo unha viaxe de 101 días desde Perú ata Raroia.

Categoría:Atois de Tuamotu